A Vela xa ten Escola en Cabana gracias ao obradoiro de emprego


Na xornada de onte tivo lugar a clausura da segunda fase do obradoiro de emprego “Escola de Vela da Costa da Morte”, na que entregou os títulos acreditativos aos 30 alumnos, que participaron nel.
A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañado polo alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muíño, presidiu hoxe no no local social do lugar de Neaño a clausura
A Consellería de Traballo e Benestar destinou 649.197 euros a este programa, que ten por obxectivo garantir a inserción no mercado laboral a través da formación do maior número posible de participantes, que se atopaban en situación de desemprego antes de comezar a actividade.
No obradoiro “Escola de vela da Costa da Morte”, promovido polo concello, as persoas desempregadas que se beneficiaron del obtiveron novos coñecementos nas especialidades de albanelería e carpintería, que puxeron en práctica coa realización de traballos de rehabilitación do antigo serradoiro da ribeira do Anllóns para a súa transformación en escola de vela para toda a comarca e no inicio da reforma de tres edificios para destinalos albergue xuvenil.
Os beneficiarios do proxecto foron contratados por un período de 12 meses baixo a modalidade de contrato de formación, cunha retribución mensual de 950 euros.
Novas relacionadas
- Os pequenos regatistas de Cee e Corcubión xa soben ao podio.
- A ornitoloxía, un potencial produto turístico máis para a Costa da Morte.
- O Parlamento Europeo degusta berberechos do Anllóns.
- O Proxecto Berberecho, unha aposta pola diferenciación.
Fonte
- Nota de prensa da Xunta.