Os pequenos regatistas de Cee e Corcubión xa soben ao podio


A canteira está asegurada. A intensa tarefa do clube Club Marítimo Carrumeiro e os Concellos de Cee e Corcubión por iniciar aos nenos da zona no deporte da vela en idades cada vez mais temperá está a ser un éxito. Así o comprobaron os novos e pequenos regatistas costeiros, que regresaron da regata "Trofeo Berberecho" que se disputo en augas da ría de Muros e Noia, organizado polo Club Náutico Portosin, puntuable para o Campionatoto Galego e Copa de España. O o fixo cun merecido 2º posto na categoría "C" Da Clase Optimist baixo a barca,
Entre un total de 109 inscritos na competición a regatista do C.M Carrumeiro Paula Trinidad, como patroa do Santitel conseguiu terminar a regata no posto 23º da xeral, o que a colocaba directamente na 2º posición da categoría C de menores de 10 anos.
Ademais de Paula Trinidad, asistiron á regata Cristina Fernández posto 32 á cana do Osma, Marcela Corbelle posto 36 patroneando o Hotel o Hórreo, Elena Coronilla (Ferroatlántica II) e Iosune Muiño (Vodafone Santitel) que están en período de probas e que comezasen a despuntar se todo segue segundo o previsto na próxima tempada.

Formación
Desde fai 5 anos o Club Marítimo Carrumeiro e a Escola de Vela Cataventos intentan incorporar ao seu equipo de regatas aos alumnos máis novos e destacados dos proxectos nos que traballan. En principio pasan un ano asistindo ás regatas sen destacar nos primeiros postos pero é no segundo ano no que despuntan e logran alzarse con posicións máis importantes.
Cada ano incorpóranse novas promesas ao equipo, como foi o caso de Manuel Marcote, Ignacio Coronilla entre outros e outras.
Actualmente estanse desenvolvendo na ría corcubionesa dúas escolas municipais para os Concellos de Cee e Corcubión coa esperanza de perpetuar o sistema de extracción de "Diamantes en Bruto" da nosa zona. Xa contan na Escola de Vela Cataventos con preto dunha trintena de alumnos entre os dous proxectos de entre 6 e 11 anos.
Novas relacionadas
- Os alumnos de Cee asaltan o mar a vela.
- O Carrumeiro segue crecendo con novos regativas e novas escolas municipais de vela.
- A ría de Corcubión afiánzase como un espazo ideal para regatas de alto nivel.
- Fisterra acolleu a III Regata da Liga Costa da Morte.
- Camariñas acolleu un curso de vela para Adibismur.
- 200 nenos disfrutaron do mar a vela dende a Escola.
- En marcha a pioneira Escola de Vela Municipal de Vela de Corcubión.
Máis novas acuáticas
- De Fisterra a Quilmas empurrados por Eolo.
- O CDM Piragüismo Dumbría estrea páxina web.
- O Piragüismo Dumbría xa é flamante campión galego.
Fonte
- Nota de prensa de Cataventos Escola de Vela.