venres. 16.05.2025
El tiempo

A Xunta repartirá outros 1,13 millóns para axudar aos grandes medios en 2016

A Xunta repartirá outros 1,13 millóns para axudar aos grandes medios en 2016
Os grandes medios de comunicación perciben axudas millonarias por parte da Xunta | Fonte: sinsamarketing.com Os grandes medios de comunicación perciben axudas millonarias por parte da Xunta | Fonte: sinsamarketing.com
1.135.000 euros. Ese é o diñeiro que a xunta destinará, inicialmente ás empresas xornalísticas e de radiodifusión e que, ano tras ano recaen sempre nos mesmos grupos mediáticos de sempre. Unha partida económica que igual a do 2015 e 2014, pero, que, tal e como aconteceu eses anos, poderá aumentarse en 540.000 euros cun crédito adicional. e feito, a Xunta repartiu os pasados anos  en concepto de “axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva”, case 1,7 millóns de euros. En 2015, o principal beneficiado foi o Grupo Voz con 709.891 euros; La Voz de Galicia, S.A. (681.901,96) e Voz de Galicia Radio, S.L.U (27.990,08). Grupo Prensa Ibérica recibiu polos xornais Faro de Vigo e La Opinión de A Coruña e as súas respectivas edicións dixitais un total de 326. 295 euros: Faro de Vigo, S.A. (265.075,75 e Faro de Vigo Media, L.L. (24.156,80) e La Opinión de La Coruña, S.L. (30.498,69) e La Opinión de La Coruña Media, S.L.U. (6.566,30). O Grupo El Progreso de Lugo levou 196.660 euros a través de Diario de Pontevedra (Lérez Ediciones, S.L. con 70.025,17) e El Progreso de Lugo, S.L. (126.635,24).  Con menos cantidade quedaron El Correo Gallego ( Editorial Compostela, S.A.) que recibiu 90.086,01 euros e o Grupo La Capital (El ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e DxT) que, a través de Editorial La Capital, S.L, con 86.118,78 euros.Curiosamente,  La Región só percibiu o pasado ano polo xornal Atlántico Diario un total de 20.879,29 euros, pero non pola editora matriz, Grupo La Región. Nestas axudas da Secretaría Xeral de Medios tamén foron beneficiadas varias emisoras asociadas á Cadena Ser, como a propia Sociedad Española de Radiofusión, S.L (Cadena Ser en Galicia) con 29.385,47 euros, Radio Pontevedra, S.A. (29.541,15), Radio Vigo, S.A. (32.610,08) ou Radio Lugo, S.A. (18.298,31). Pola súa banda a Cadena Cope, a través de Radio Popular, S.A., recibiu 91.436,94 euros. Un 8% mínimo de galego Pero o que chama a atención destas axudas é o pouco nivel de esixencia do Goberno galego. Entre os poucos requisitos a nivel informativo que se piden é que os xornais ou radios  utilicen como mínimo un 8% de porcentaxe de galegonas súas informacións. E como deben acreditalo?. Pois con varios documentos que se repiten ano tras ano sen que, ningún dos medios “aumente” o uso do galego. Entre estes informes comúns que teñen que presentar está unha declaración responsable indicando a porcentaxe do emprego da lingua galega nas publicacións, informacións ou emisións do ano natural anterior ao da convocatoria e compromiso futuro expreso de que vai manter ou incrementar esta durante o ano da correspondente convocatoria. Tamén outra declaración responsable que indique a porcentaxe de publicacións, informacións ou emisións orientadas á normalización da lingua, á defensa da identidade de Galicia, á promoción dos seus valores e á defensa da súa cultura no ano natural anterior ao da convocatoria. Estas axudas contrastan coas recibidas polos medios que se expresan íntegramente en galego que o pasado ano non chegaron aos 50.000 euros. Medios e prostitución Por outra banda, e preguntado por Galicia Confidencial, Feijóo apoiou coas súas declaracións que estes grandes medios publiciten a prostitución e o sexismo nas súas páxinas coa publicación de anuncios de contido sexual. "Estes medios non impulsan a prostitución", contestou. A pasada semana o PP rexeitou unha iniciativa parlamentaria de AGE que pedía retirarlle as subvencións públicas aos medios que publiquen anuncios de contido sexual. Tamén un informe do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), en colaboración coa Xunta, este tipo de publicidade é "denigrante" para a muller. Fonte

Comentarios