Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Abrindo as portas ás mulleres xordas do rural costeiro

PIER Persoas Xordas
Abrindo as portas ás mulleres xordas do rural costeiro

A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) fai balance do seu PIER (Programa Integrado de Emprego con especial incidencia no Rural). Son varias as persoas usuarias da zona de Costa da Morte, nomeadamente de concellos como Laracha, Cabana, Carnota, Cee, Muros ou Ponteceso, que aproveitan este programa para mellorar as súas oportunidades laborais.

A entidade considera que é o momendo de poñer o foco na integración laboral, para seguir traballando na redución das brechas sociais, territoriais e de xénero, e favorecendo unha maior autonomía das persoas con discapacidade.

Con este programa non se busca unicamente a inserción laboral da persoa xorda, senón tamén a sensibilización e concienciación do tecido empresarial acerca da discapacidade e a integración. Para iso tamén se conta con ferramentas como accións formativas nas empresas en Lingua de Signos (LSE) para o resto de traballadores, que propicien a inclusión e a mellor acollida e comprensión da persoa con discapacidade auditiva.

Así, a entidade valora as 131 persoas con discapacidade auditiva que serán atendidas neste programa integrado durante o 2022, nos seus itinerarios indivualizados de emprego.

As mulleres

Folleto Servicio Empleo 2022_JPEG

A perspectiva de xénero e o fomento do emprego rural tamén se incorporan a este programa que busca avanzar no recoñecemento dos dereitos das persoas con discapacidade auditiva. A través do proxecto “Portas abertas ás mulleres xordas do rural galego”, búscase a integración sociolaboral e a participación deste colectivo, que merece unha igualdade de oportunidades real.

Novas relacionadas

Outras novas

Comentarios