Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os agradecementos da Plataforma de Turismo e hostalaría da Costa da Morte

Manifestacion da Hostaleria da Costa da Morte-2b
Imaxe da manifestación do pasado domingo por Carballo
Os agradecementos da Plataforma de Turismo e hostalaría da Costa da Morte

Comunicado de agradecemento da Plataforma de Turismo e hostalaría da Costa da Morte

O pasado domingo 28 de febreiro, toda a hostalaría da Costa da Morte, saimos de manifestación para defender os nosos negocios, para pedir por un Plan de Rescate real , que chegue o sector e que resulte de fácil acceso, non son peticións sen reflexionar, son peticións polos nosos dereitos.

E como é de ben nacidos ser agradecidos, queremos agradecer a todos aqueles, sobre 200 persoas que se xuntaron en Carballo e que xuntas percorremos as suas rúas con unha voz única. Tamén agradecer a todos aqueles que dende toda a Costa da Morte se desprazaron para estar alí, éramos unha caravana de máis de 45 coches.

Queremos agradecer, A Garda Civil de tráfico de Corcubión, que nos acompañaron toda a caravana ata Carballo, a Policía Municipal de Carballo, ao Concello de Carballo, por facer todo tan doado, tanto a Juan Seoane (concelleiro de seguridade), como ao seu Alcalde Evencio Ferrero, como o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, e por acompañarnos tamén. Así como a Daniel Pérez, deputado , tamén do Concello de Carballo polo seu apoio, ao deputado Rubén Lorenzo, a José Bello Pallas e Sandra Vilela, concelleira de Muxía por estar alí.

Tamén o concello de Mazaricos pola súa doazón, e as empresas MEDIALEVA, CARPINTERÍA ALBERTO e Empresa de sonido SONPRES , por traballar con nós altruistamente.

Grazas a todas as Asociacións da Plataforma: Asociación de Hostaleiros de Carballo, APTCM, SOLPOR, Muxía Natural Asociación Turística, Sector Turístico de Finisterre, Asociación de Empresarios da Comarca de Soneira, Asociación Hosteleria de Malpica, Asociación de Empresarios y promoción turística de Camariñas, Hostalería de Vimianzo, Asociación de Hostaleiros de Mazaricos, Asociación Turismo Fisterra, Asociación Calo rural de Vimianzo.

Esperamos seguir sumando, para nós é todo un logro que nos puideramos xuntar nesta Plataforma, e que xuntos, dunha vez , poidamos defender o turismo da Costa da Morte.

Este pasado 04 de Marzo, os artífices da Plataforma xuntámonos para vertebrar a nosa próxima folla de ruta, á que iremos indicando próximamente, e que esperamos que todos os incluidos na plataforma estén dacordo.

Novas relacionadas

Comentarios