Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Alumnado dos coles da Zas, Malpica e Mazaricos pediron no Parlamento un acceso máis igualitario á educación

Campana Mundial Educacion_Parlamento_Galicia-23
Alumnado dos coles da Zas, Malpica e Mazaricos pediron no Parlamento un acceso máis igualitario á educación

Fermosa iniciativa artellada pola Campaña Mundial pola Educación (CME) – Galicia que, en 2023, leva por lema “A educación transformadora con perspectiva de xénero”. No marco da Semana Mundial pola Educación, un cento de alumn@s de varios centros de ensino de toda Galicia participaron activamente nunha sesión no Parlamento Galego, esixindo que se garanta o cumprimento do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) no 4, sobre o dereito á educación inclusiva, equitativa e de calidade.

Formaron parte da expedición alumn@s do CEIP Labarta Pose (Zas), do CEIP Milladoiro (Malpica) e do CEIP Víctor Sáenz (Mazaricos).

Mariña Vázquez e Valeria Fondo, do CEIP Labarta Pose (Zas), apuntaron a necesidade de ofrecer maior formación ás familias en materia de igualdade.
Alicia Alvite e Luzdivina Vasilev do CEIP Víctor Sáez (Mazaricos), instaron aos representantes políticos a manter un firme compromiso cos “colectivos máis vulnerables, para evitar que os desastres ecolóxicos obriguen as nenas á quedar na casa”.
Así mesmo se referiron desde o CEIP Milladoiro (Malpica), Leo Cousillas e Candela Lema, que apelaron a reciclaxe e a protección do medio como medidas preventivas de discriminación social.

Comentarios