sábado. 15.02.2025
El tiempo

Ana Miranda alertou na Eurocámara do "perigo de extinción" no que se atopan as profesións das mulleres do mar

Ana MIranda Comisión Pesca SOS Redeiras
Ana Miranda alertou na Eurocámara do "perigo de extinción" no que se atopan as profesións das mulleres do mar

Esta camiseta de "SOS Redeiras en perigo de extinción" entregoulle Ana Miranda, á directora xeral de Pesca da UE, Charlina Vitcheva.

A eurodeputada do BNG quixo destacar na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo a importancia do traballo das mulleres do mar, desde mariscadoras, redeiras, traballadoras da conserva ou vendedoras de peixe, explicando que que o sector síntese “abandonado” porque non é consultado “debidamente”.

“Vai vostede reactivar a Rede Aktea de mulleres da pesca? Que podemos facer desde a Comisión da Pesca?”, preguntoulle a Vitcheva na súa intervención a representante galega, ademais de trasladarlle que non está dacordo coa Política Pesqueira Común. 

O sector pesqueiro galego “síntese nun barco á deriva, abandonado, síntese só”, xa que segundo considerou o sector vése na situación de ter que aceptar unhas normas moi difíciles de cumprir unha vez que Europa segue sen distinguir entre pesca artesanal e pesca de altura.

Pesca artesanal fóra dos TACS

De feito, Miranda tamén reclamou na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo que a pesca artesanal sexa excluída das negociacións de TAC’s e cotas anuais, tal e como vén demandando o sector desde hai anos e o propio BNG. “Trasladei que é importante ter en conta o impacto social que teñen moitas medidas tomadas desde Bruxelas, que están tomadas alonxadas da realidade”, explica a eurodeputada galega.
“Cando chega o mes de decembro, a frota de pesca en Europa e sobre todo en algúns territorios que son altamente dependentes da pesca como é o caso de Galiza, empeza a tremer”, sinalou Ana Miranda na súa intervención na Comisión de Pesca, na que puxo de releve a grave situación que atravesa a pesca galega debido a inestabilidade e inseguridade xurídica, xa que “depende dos informes e de cando se publiquen, a frota atense a unha estabilidade no sector ou non”.

Altri NON non ten palabra

Paralelamente, a eurodeputada invitou a unha comitiva da Plataforma Ulloa Viva para falar de Altri no Parlamento. Pero finalmente non puideron participar. Miranda denuncia un novo boicot do Partido Popular Europeo para impedir que a cidadanía galega afectada pola instalación de Altri en Palas de Rei sexa escoitada na Eurocámara, como xa ten pasado en diversas ocasións desde que esta petición foi aceptada a trámite na Comisión de Peticións do Parlamento Europeo. “O Partido Popular Europeo alíase coa extrema dereita para impedir que o caso de Altri sexa tratado na Comisión de Peticións”, sinala.

Na pregunta enviada á CE a eurodeputada galega sinala que a macrocelulosa supón a vulneración de varias directivas comunitarias, tal como una delegación de afectados lle trasladou á Comisión en abril de 2024. Tamén indica que a proba da contestación social a este proxecto é a manifestación de máis de 100.000 persoas que tivo lugar no pasado mes de decembro en Santiago de Compostela.

Comentarios