Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Análise Económica da Costa da Morte: Home rico, Home Pobre

Análise Económica da Costa da Morte: Home rico, Home Pobre
Dumbría xeraría a maior riqueza da bisbarra, segundo amosan os datos do IGE en relación ao PIB (Produto Interior Bruto) por Concello. ferroatlantica-dumbria ferroatlantica-dumbria Segundo as taboas, o dato mais recente revela que so Dumbría e Cee superan a media Galega en PIB por habitante. A media Galega ronda os 20.077 euros por habitante e ano, e en Dumbría se acadan uns envidiables 28.166 polos 23.395 de Cee. Uns datos realmente alonxados dos que constituen a media da bisbarra, 14.236€, case 10.000 euros mais por habitante e ano que para o resto dos veciños da bisbarra e ata 8.000€ maior que a media en Galicia. De maior a menor, en riqueza, tras Dumbría e Cee se situarían Mazaricos, Santa Comba, Carballo e, xa por debaixo da media na bisbarra, Vimianzo e Corcubión. Como mais "pobres" atopamos a  concellos como Malpica, Zas, Camariñas ou Muxía, estes últimos cunha economía eminentemente pesqueira, o que apuntaría a unha peor situación económica nos concellos litorais con respecto aos do interior. De feito, Fisterra (9.879€), Laxe (10.149€) e Cabana (10.779€) pechan esta clasificación, rexistrando o peor dato de PIB por habitante e ano en toda a bisbarra. Ainda mais, na serie histórica, Cabana e Laxe empeoran o seu dato con respecto ao inicio da década, mentres Fisterra mellora, ainda que so por 40 euros. Volvendo aos mais "ricos", os dumbrieses son ata 2.000 euros mais ricos que en 2010, mentres en Cee si se aprecia unha caida real do Produto Interior Bruto, que é ata 3.300 euros menor que o que lograba xerar cada veciño de Cee aló polo 2010. É mais, a cifra acadada en Dumbría so é superada por 20 concellos en toda Galicia e unicamente por 4 na provincia da Coruña. Así, so en Arteixo, Bergondo, Cerceda e Santiago de Compostela se acada un PIB por habitante maior que no Concello de Dumbría. Taboa PIB por Persoa e ano e por Concello O PIB é o resultado da actividade produtiva das unidades de produción residentes. Nas contas económicas estímase por tres vías: oferta, demanda e rendas. A suma do valor engadido bruto (VEB) das ramas de actividade, máis os impostos netos de subvencións sobre os produtos (oferta), a suma da demanda final de bens e servizos das unidades institucionais residentes máis o saldo exterior de bens e servizos (demanda), e a suma de remuneración de asalariados, impostos sobre a produción e as importacións netos de subvencións, renda mixta e excedente de explotación bruto (rendas).     Fonte: IGE    

Comentarios