![]()
O Domingo dia 25 de Agosto tivo lugar a
Marcha Cicloturista organizada pola
Excelentisima Deputación da Coruña e o
Clube Ciclista de Cee, e na cal Colaboraron os
Concellos de Cee,
Dumbria, Mazaricos, Carnota, Corcubión é Fisterra. Unha Marcha que foi unha antesala do que vai ocorrer este martes por estas terras, quixeron facer o mesmo recorrido que fará a Volta Ciclista a España o seu paso pola nosa costa e con Final de etapa na Fin do Mundo Fisterra, a Marcha realizou os ultimos 66 km por onde discorrerá a
Etapa da Volta a España e que tivo un total de 115 kilometros.
![]()
Unha Marcha Cicloturista que saia dende o
Concello de Cee sobre as 10:15 da mañá, e que fixo un pequeno recorrido polo Concello antes de sair hacia o
Concello de Dumbria e
Concello de Mazaricos donde terían o seu primeiro repostaxe a Altura de
Pino de Val en punto kilometrico da Marcha mais ou menos 33, por este punto é donde empezará a aparecer o
Pelotón da Volta a España este martes o seu paso pola Costa da Morte.
![]()
Unha vez que repuxeron forzas seguiron a súa Marcha pasando por
Paxareiras e baixando por
San Mamede no Concello de Carnota con destino a
subida do Ezaro, pero antes encontrarian a baixada de
San Mamede que a maioria dos corredores pasaban a unha velocidade que case non podias aprecialos moi ben, o seu paso polo
Pindo o Director de carreira intentou reagrupar un pouco o grupo para a subida o A
lto do Ezaro.
![]()
Subida moi dura a do
Mirador do Ezaro e mais despois de levar tantos kilometros nas súas pernas, moitos optaron por subila descolgados das súas bicis, pero foron moi poucos. O chegar o alto do Mirador, onde o ano pasado foi o Final da Etapa da Volta a España volveron a reagruparse e repoñer forzas para logo continuar a súa marcha hacia o Final da Etapa en Fisterra. Moitos poideron disfrutar da compaña durante a Marcha de grandes persoaxes do Mundo do Deporte como do Mundo da Televisión, entre eles estaban
Ezequiel Mosquera grandisimo ciclista e persoa,
Victor Tasende todo un modelo de superación,
Pedro Nimo grandisimo Deportista,
Marcos Pereiro o famoso de Mucha é Nucha e
Fede tamén Famoso das series da Galega, entre outros.
![]()
A etapa remataria en
Terras Fisterráns sobre as
15:10 horas da tarde. Este Final, terá a
Etapa da Volta a España de mañá martes dia 27 de Agosto. Unha vez cruzaron a linea de meta foron ata o final do trazado a pé do faro para último repostaxe antes de acabar de Novo en
Cee, ca entrega de premios e
Final da Marcha.