Antón Pombo reflexionou sobre o sentido tradicional do Camiño a Fisterra-Muxía

Arrincou a serie de conferencias que a Asociación de Concellos do Camiño de Fisterra e Muxía está a celebrar no Museo do Pobo Galego. A segunda foi a cargo de Antón Pombo, Doutor en historia contemporánea, Investigador e Xornalista especializado no Camiño de Santiago, que falou sobre a "Xénese, evolución e realidade actual da Prolongación Xacobea a Fisterra e Muxía".
Calificou a Prolongación a Fisterra e Muxía como un itinerario perfectamente documentado, a un tempo diverso dos restantes camiños xacobeos, e complementario deles se pretendemos acadar unha comprensión completa da experiencia peregrinatoria. Nela aínda perduran os testemuños de cultos ancestrais que puideron estar na orixe da lenda santiaguesa, debidamente integrados nunha dimensión cristiá da ruta.