Martes. 17.09.2024
El tiempo

Aprendendo a facer trampas á avespa velutina

Aprendendo a facer trampas á avespa velutina
charla avespa velutina Coristanco

Segue sendo a avespa asiática unha seria ameaza para o rural galego, e toca aprender a convivir co inimigo.

Por iso, este venres 22, ás 20:30 h. na Casa da Cultura de Coristanco membros da Asociación Galega de Apicultura, atendendo unha petición do Concello de Coristanco, impartirán unha charla informativa sobre a Vespa Velutina. Entre os puntos a tratar estará o da elaboración de trampas caseiras xa que na primavera é o momento ideal para colocar trampas para a captura das raíñas que saen da súa hibernación. Cada raíña capturada supón un niño menos nesta temporada e uns 300 na temporada seguinte.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios