APTCM busca financiamento na Deputación

Membros da directiva da Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte mantiveron o pasado mércores unha reunión co Vicepresidente de Deputación da Coruña e Deputado da área de Turismo Xosé Regueira.
O obxectivo da xuntanza mantida foi a de buscar liñas de colaboración entre os profesionais do Turismo da Costa da Morte membros de APTCM e dita administración para seguir avanzando na promoción do Xeodestino.
Entre os temas tratados sitúanse os da promoción do territorio en relación coa busca de apoio da Deputación a través do departamento de Turismo.
Xosé Regueira informou os membros da Directiva das diferentes liñas de financiación que ten a Deputación no relativo a promoción turística así como das diferentes vías de colaboración directa entre a asociación e o departamento que dirixe o Deputado.
A curto prazo a Deputación se comprometeu á impresión de material gráfico promocional tales como de mapas promocionais do Xeodestíno, impresión de carteis promocionais... que estarán a disposición das oficinas de turismo do territorio, concellos, socios de APTCM...
No relativo a proxectos a medio e longo prazo, Xosé Regueira informou os membros da Directiva da posibilidade de concorrer a presentación de proxectos nas liñas de subvencións públicas do seu departamento. Liñas estas de grande interese para os obxectivos que persigue APTCM tales como a apertura de oficinas de turismo en lugares de carácter patrimoniais que se encontran dentro do propio territorio.
Neste senso vaise empezar a traballar e estar en continuo contacto cos/as técnicos/as do departamento de turismo da Deputación de A Coruña.