A APTCM busca máis socios convocando tres xuntanzas comarcais con polític@s e empresari@s
Un dos claros obxectivos da nova directiva da Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM) é a ampliación do seu número de socios. A entidade medra pouco a pouco, e dos 77 socios cos que colleron a entidade en xullo, acabaron o 2022 con case 100 socios e “esperamos chegar aos 300 durante o ano 2023”, explicou Pepe Formoso.
”Para APTCM é moi importante incorporar o maior número de soci@s e crear músculo turistico comarcal, poder contratar servicios profesionais de asesoramento técnico e mellorar as accións turísticas”, explica.
Para iso, convocan a alcaldes e alcaldesas, deputado@s e empresar@s do sector do xeodestino, a 3 reunións, unha en Bergantiños, unha na comarca de Soneira e outra na de Fisterra, “ para explicarlles o proxecto, animar ao sector a participar do noso destino turístico e captar soci@s para a asociación.”
Concretamente as reunións son:
- Martes 28 de febreiro, ás 18:00h no Forum en Carballo;
- Mércores 1 de marzo ás 18:00h, na Casa da Cultura de Vimianzo;
- Xoves 2 de marzo, ás 18:00h na Casa da Cultura de Cee.
Aos alcaldes/as pídenlle ademais axuda para tentar estimular aos empresarios/as do seu concello para que a participación sexa masiva.