Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A APTCM segue apostando pola unión e profesionalización e fan un chamamento á implicación do empresariado

  • A entidade fixo balance destes primeiros meses de xestión na presentación do seu novo mapa de recursos turísticos
APTCM No Parador-Foto-Steffen A. Pfeiffer copia
Foto-Steffen A. Pfeiffer
A APTCM segue apostando pola unión e profesionalización e fan un chamamento á implicación do empresariado

Se esta tarde de venres 30 é a Asociación de Concellos do Camiño de Fisterra-Muxía os que preparan un acto en Fisterra, onte foi APTCM (Asociación Profesionais de Turismo da Costa da Morte) a encargada de presentar o mapa turístico. Nun evento celebrado no Parador, medio centenar de persoas representativas do sector acodiron a coñecer de primeira man o novo recurso, e a escoitar o balance destes primeiros 6 meses de xestión da nova directiva.

Unha directiva que segue defendendo os seus sinais de identidade: “unión e profesionalización”. Así, mentres asinaron un acordo coa asistenta técnica Atlante para profesionalizar a entidade, fan tamén un “chamamento á implicación dos empresarios para que a Costa da Morte se convirta nun referente do Turismo de calidade”.
A entidade medra pouco a pouco, e dos 77 socios cos que colleron a entidade en xullo, agora son case 100 socios e “esperamos chegar aos 300 durante o ano 2023”, explicou Pepe Formoso.

Xuntanza de APTCM

Mapas

A entidade presentou o novo mapa cos recursos turísticos e cos socios empresariais que participan. Imprimíronse 15.000 exemplares do mapa, que se levará as máis importantes feiras (FITUR, Fairway...) e repartirase nas oficinas de turismo, ou en todos os establecimentos adheridos.

Futuro

A cita serviu para analizar o futuro, e partindo de cifras como a ocupación de máis do 90% en todo o ano do Parador, “fainos fai pensar que a Costa da Morte está capacitada para desestacionalizar o turismo nos 12 meses para que o sector se beneficie das sinerxias creadas.

Neste próximo ano, en febreiro, celebrarase unha asamblea xeral onde se dilucirá o futuro da asociación.

Outras novas sobre turismo

Comentarios