APTCM levou a Esencia da Costa da Morte ao Forum Gastronómico

Boa expectación á presentación da APCTM este luns 8 de abril no Forum Gastronómio da Coruña. Pepe Formoso, presidente de APTCM e Braulio Garcia, profesor do CSHG (Centro Superior de Hostelería de Galicia) e veciño de Baio, Zas, foron os encargados de trasmitir o que chamaron a “Esencia” da Costa da Morte ao numeroso público que se achegou polo Ágora Forum Lab.

Acompañados polo vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, Formoso e García quixeron trasladar o impacto da campaña “Meses con R”, que trata de poñer en valor o noso produto. Así, demostraon que só con auga, sal e percebes se pode vivir unha intensa experiencia gastronómica. Pero para iso o produto é fundamental, e nós contamos cos percebes de Corme e de Muxía, dous dos mellores do mundo.
A demostración levou tamén pan de Carballo e de Fisterra, e viño da veciña comarca de barbanza presentado por Alberto Varela de Choiva viños.
Corcubión presente

No Fórum tamén hoyubo unha expedición moi corcuionesa. O cociñeiro corcubionés Rafael Fuentes e ao seu equipo do Restaurante Carrumeiro, realizou a presentación de varios dos seus pratos neste importante evento da gastronomía galega no posto da Deputación. Acompañárono o alcalde de Corcubión, Xabier Domínguez "Drok" e o deputado do BNG Costa da Morte no Parlamento Galego, Óscar Insua
