Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Arrincou a campaña de praias

2022.06.15.- Servizo socorrismo na praia de Caión
O servizo socorrismo da praia de Caión arrincou con néboa...
Arrincou a campaña de praias

Con máis ou menos, ou ningún sol, con máis ou menos socorristas, este mércores 15 de xuño arrincou a nova campaña de praias na Costa da Morte.

Así acontecía na praia de Caión (unha das 10 con Bandeira Azul da comarca), na Laracha, onde o equipo de salvamento e socorrismo xa se puxo operativo ata o 15 de setembro, todos os días en horario 12:00 a 20:00 horas. Este ano ademais, o equipo formado por 7 socorristas máis un coordinador xeral, incorpora por primeira vez unha moto acuática apta para traballos de salvamento.
Neste servizo de salvamento e socorrismo na praia de Caión o Concello inviste 68.000 euros.

Carballo

Mentres, en Carballo, o complicado litoral ten as súas vicisitudes. Ademais de comezar o proxecto de posta a punto, o Concello tivo que abrir unha segunda convocatoria de 5 prazas para completar o equipo de vixilancia. O servizo de salvamento e socorrismo non empeza a funcionar ata esta fin de semana se ben os primeiros intengrantes do equipo xa tomaron posesión.

As cinco zonas de baño nas que está dividido o litoral carballés acadan esta tempada a excelencia na calidade das augas de baño. Tamén volverá a ondear a Bandeira Azul nos areais de Razo, Baldaio-Saíñas e Pedra do Sal, e a Senda do Mar Razo-Baldaio poderá presumir un ano máis do distintivo Sendeiro Azul.

zonas_banho

Ponteceso

Outro dos Concellos que máis aposta pola Bandeira Azul (de feito está buscando a cuarta na praia de Niñóns, que este ano tamén terá socorristas durante as fins de semana), tamén puxo en marcha o servizo de socorrismo, activo do 15 de xuño ao 15 de setembro. As praias de Balarés, O Osmo e A Ermida, contará co servizo en horario de 12.00 h a 20.00 h.Tamén haberá melloras na praia da Arnela de Corme Porto, e dende o concello pensan en abrir unha praia para cans e poñer outra para nudistas.

Con todo e a pesar das queixas do GES, o Concello non lles deixa usar a moto acuática que lle dera a Xunta para o seu uso en toda a ría. De feito, o alcalde vén de quitarlle toda a roupa de rescate acuático aos bombeiros do GES, e asegura, malia non ter potestade, que si pon a moto a disposición do 112 e de Salvamento Marítimo.

Comentarios