Venres. 29.03.2024
El tiempo

As Cartas do Avó Pascasio: O indigno réxime macricida

As Cartas do Avó Pascasio: O indigno réxime macricida
Mauricio Macri, presidente da Arxentina Mauricio Macri, presidente da Arxentina Moi querida neta Cristina: A verdade é que non saímos do asombro constante ao ver o que poden destruír uns miles de votos. Si nosa querida Arxentina afunde na miseria é porque un grupo de cidadáns optou por darlle a chave da caixa da guita pública a un presidente moi experimentado en aproveitarse do esforzo alleo. É evidente que non enganou a ninguén. Está probado que fixo contrabando con pezas de auto en “Sevel” e que tamén en sociedade ilícita con Menem liquidou o servizo de correos cun millonario embolse particular. Creo que ninguén cun mínimo de criterio esperaba outra cousa vendo o escuro pasado de empresario trucho que nunca gañou un peso co laburo honrado. O neto Juan Carlos Romeu López descríbeo perfectamente: “Votaron a Macri para poder comprar verdes e terminaron facendo cola por dúas lechugas de agasallo”. Moitos dos nosos paisanos sálvanse de mendigar as lechugas ao ter unha quintita no fondo da casa pero caeron na ”febre verde” ao enfermar por non poder cobrar en euros ou dólares a súa pensión do Reino de España. Desde acá arriba escoitamos a varios emigrantes que te acusaban a vós directamente de quedar cos dólares. Entristecíanos o non poder explicarlles que os estaban envenenando coa falsa idea de que estaban sendo reprimidos pola dictadora Fernández. É lamentable que haxa tanto desmemoriado. Uns anos atrás non pensabas no dólar. Tiñas que romper o lombo para xuntar pesos para morfar. O país levantouse pola boa política económica pero resulta que está todo mal porque unha guita que vén de fóra a tes que cobrar en pesos. Bueno, é incrible. A imbecilidade duns cidadáns -negadores de que o estado teña participación no seu benestar- puxo á fronte do país a un grupo de estafadores. Nuns meses levaron todos os dólares. Non hai traballo. Pecharon miles de empresas urbanas e rurais. Vénse un verán con abundantes cortes de luz pero o importante é que Milagre Sala está presa. É unha tormenta devastadora pero o réxime macricida ten sempre a man un oasis de alegría para conectar con aqueles que comen bofe pero din é asado. O adepto ou abducido necesita a súa dose semanal de irrealidade para seguir prendido á xustificación de que non se avanza por culpa da pesada herdanza. É bastante curioso que don Mauricio recorra a postas en escena para facer crer que está preocupado polos problemas da poboación. O home anda medio mal asesorado. Hai que ser moi gil ou globoludo para tragarse o conto de que agarrou un colectivo en Pilar para falar coa xente. Hai que ser moi sucio para contratar a unhas persoas para que fagan de viaxeiros. Despídome. Teño que irme correndo para non perderme o estreo de “Costa abaixo” en versión para títeres. Esquecíame de comentarche que lle imos a pedir ao presidente de Galicia que teña a ben intervir para deter o afane no Centro Galego. Parécenos razoable que a Xunta de Galicia acudise a Bos Aires xa que hai patrimonio cultural galego en xogo. Recibe o agarimo do vello emigrante fonsagradino. - Pascasio Fernández Gómez.  
  • Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.com).

Outros artigos dende Lonxe de Montevideo

 

Fonte

Comentarios