As cartas do Avó Pascasio: Unha carta para Giulianno Sorettini
16:15 02/01/17
Moi querida neta Cristina:
Escríboche a primeira carta do ano para animarte diante dunha etapa na que te converterás na referencia obrigatoria para todos os cidadáns arxentinos de ben que desexan o retorno do país á senda democrática do crecemento. Os avós emigrantes coñecémoste. Sabemos que a honradez das túas actuacións te fortalece pero que te preseguen escuras forzas manipuladoras que desexan tapar a luz con burdas mentiras no desafinado "Clarinete" e no desafortunado "Trece".
Insisten en envelenar aos pobres desgraciados que se están morrendo de calor no verán mentres o Coimieri Maggiore descansa baixo a agradable sombra das árbores de Neuquén. Aos avós correspóndenos defender aos nosos netos ao ver que son atacados de forma infame por cobardes que abusan da súa autoridade. Reunímonos os que nacemos no glorioso municipio lucense da Fonsagrada para redactar e asinar unha carta que mañá estará en mans do xuíz que che persegue.
Acá tenés a transcrición completa:
Ao moi escasamente honorable Signore Giudice Giulianno Soretinni:
Os avós emigrantes que suamos a camiseta na xenerosa terra arxentina non podemos calar diante do arbitrario, inxusto e interesado ataque á nosa neta Cristina Fernández. Nos nosos tempos a xustiza perseguía aos delincuentes pero agora no réxime macricida déixase libre aos estafadores e preténdese sancionar a unha muller gobernante que repartiu equidad por todas as provincias da República Arxentina.
É evidente que vostede faltou a clase cando o profesor de Dereito Romano explicou o concepto do REBUS SIC STANTIBUS. Prodúcenos unha gran decepción o ver a un descendente da esforzada emigración itálica convertido en activo colaborador dunha asociación ilícita dirixida polo padrino don Mauri. O máis triste é que vostede non o fai por razón de sangue senón polo aspecto económico. Non atopamos outra explicación a unha causa inxudicial que quedará nos anales da xurisprudencia rotulada como o Cadete Giulianno contra a Inmensa Cristina.
Por medio da presente solicitámoslle que nos procese por complicidade con Cristina Fernández. Recoñecemos que somos culpables de apoiar a un goberno que logrou elevar o nivel xeral de benestar dos arxentinos. Somos culpables de facer campaña electoral celestial para conseguir novas escolas e novas universidades e novos hospitais para educar e atender a unha cidadanía esquecida polos poderes públicos.
Cremos que o seu irregular procedemento achégao á especie dos ofidios ao cumprir escrupulosamente co expresado polo gran Eduardo Galeano: A xustiza é como as serpes, só morde aos descalzos. Esperamos que non nos garde rancor. O noso escrito non busca ofenderlle. O que desexamos é que vostede reflexione para poder saír fóra desa rede de intolerancia que está levando o país á miseria moral e económica. Recorde a locución latina sic transit gloria mundi xa que todo é efémero. Reciba un saúdo desde a zona celestial na que os bos galegos gozamos dun cómodo benestar en paz coas nosas conciencias.
Despídome. Espero atopes adecuada a carta. Foi consensuada despois do intercambio de opinións xa que varios compañeiros querían utilizar palabras máis fortes. Eu recordeilles a frase de Freud: Un é dono do que cala e escravo do que fala. Voume correndo. Van repartir uns fermosos calendarios medievais que enviou desde Betanzos o gran debuxante e pintor Alfredo Erias. Comentáronme que reproduce as imaxes dun capitel pétreo da igrexa de Santa María do Azougue. Recibe o agarimo do vello fonsagradino que che desexa moita saúde para transitar con firmeza polo novo ano.
– Pascasio Fernández Gómez
- Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.com).
Outros artigos dende Lonxe de Montevideo
- As Cartas do avó Pascasio: Os aires acondicionados.
- As cartas do avó Pascasio: Alalá de Morazón.
- O ingreso do Tato da Valiña na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Unha bolsiña con castañas de Galicia.
- As cartas do avó Pascasio: Aqueles que votaron en contra propia.
- As Cartas do Avó Pascasio: Unha esmola de don Mauricio.
- As cartas do avó Pascasio: Don Hipólito, cen anos despois.
- O noso benquerido Centro Galego de Bos Aires.
- As Cartas do Avó Pascasio: O indigno réxime macricida.
- Agrandouse o Uruguay!.
- As cartas do Avó Pascasio: Clínica Sanitaria do Globo Amarelo.
- As cartas do Avó Pascasio: O que non podes facer na Arxentina.
- As cartas do avó Pascasio: Un angustioso caso de cornudismo macricida.
- Gol de Peñarol!.
- As cartas do Avó Pascasio: O gran traidor na catedral de Etchemiadzin.
- O milagre de Tandil.
- As cartas do Avó Pascasio: A concha da Shell.
- As Cartas do Avó Pascasio: Sen asado na grella e sen pan no forno.
- As cartas do Avó Pascasio: O complexo de dona Florinda.
- As Cartas do Avó Pascasio: Unha alegre grasita coloreada.
- As Cartas do Avó Pascasio: O saqueo do réxime macricida.
- As Cartas do Avó Pascasio: A aporofobia do réxime macricida.
- Un moi lixeiro mecánico dental.
- As cartas do Avó Pascasio: Hai algo que non pecha.
- As Cartas do Avó Pascasio: O regreso de Alberto Manguel.
- A familia Batán do Mosquetín.
- A Banda Oriental é un bastión de benestar.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha cancha moi enlamada.
- As cartas do Avó Pascasio: Un bo vaso de viño tinto.
- As cartas do avó Pascasio: Unha changuita para Inés.
- As cartas do Avó Pascasio: A dieta macricida prohibe o asado.
- As cartas do avó Pascasio: O macriquilombo instálase na República Arxentina.
- Isabel, a noiva “gayega” de Carlos Gardel.
- Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- As cartas do avó Pascasio: A nacionalización do Centro Galego de Bos Aires.
- Sr. Jorge Daniel Lemus: Ministro de Saúde da nación Arxentina e fillo duns emigrantes de Cereixo.
- A dieta macricida do globo amarelo.
- A marcha atrás tamén é un cambio.
- As cartas do Avó Pascasio: Una quintita en Avellaneda.
- Non somos pedras.
- As Cartas do Avó Pascasio: Un erro pódese convertir nun horror.
- Eu tamén son fisterrán!.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha petición para o presidente Scioli.
- As cartas do Avó Pascasio: Non coman a curva!.
- As cartas do Avó Pascasio: Imos con Daniel da Villa Crespo.
- As Cartas do Avó Pascasio: Non foi maxia pero foi máxico.
- As cartas do avó Pascasio: “Milonga de aquí”.
- Unha linda primavera aurinegra!.
- Un golazo de Cristina!.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha ovella negra no poder.
- A auga é vida.
- A moi garimosa República Arxentina.
- As cartas do avó Pascasio: Homenaxe a Amelita Baltar.
- As cartas do Avó Pascasio: O valor dunha neta de Cuntis.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha balea azul na Avenida Sarmiento.
- As cartas do Avó Pascasio: O repouso do “Centrojás”.
- As cartas do Avó Pascasio: A almendra no aquelarre.
- As cartas do Avó Pascasio: “Volverei e serei millóns.
- Gol de Galeano!.
- As cartas do Avó Pascasio: O tren que move aos arxentinos.
- As cartas do Avó Pascasio: Un país de novela.
- O segundo mandato do “gayego” Vázquez.
- As cartas do Avó Pascasio: No corazón dos arxentinos.
- As cartas do Avó Pascasio: Non me toquen a Cristina!.
- As cartas do avó Pascasio: Os nosos herdeiros son arxentinos.
- JE SUIS Centro Galego de Bos Aires.
- As cartas do Avó Pascasio: O Centro Galego da Habana.
- Dona Diáspora na Habana.
- As cartas do avó Pascasio: Os avós que laburamos de albañiles.
- Don Tabaré, presidente electo dos uruguaio.
- O médico de La Teja.
- No paraíso dos paraísos.
- Forza Centro Galego de Bos Aires!.
- Un “hornero” chamado Tabaré.
- Carlos Penelas en Compostela.
- Dona Calandria Fernández e don Voitre Singer.
- A desaparición do Centro Galego de Bos Aires.
- Dona Diáspora viaxa ata San Isidro de Curuguatí.
- Un adeus garimoso para un amigo da Costa da Morte.
- Dona Diáspora nas beiras do Chamangá.
- Dona Diáspora na cidade uruguaia de Melo.
- San Gardel de Tacuarembó.
- Dona Diáspora na rambla de Piriápolis.
- Un fogón artiguista en Madrid.
- As Cartas do Avó Pascasio: Os neopiratas á abordaxe de Galicia.
- As cartas do avó Pascasio: O “Clan do Clarinete” perdeu a partitura:
- As cartas do Avó Pascasio: O caldo galego sempre vén ben.
- O poema e a canción.
- As cartas do Avó Pascasio: A boa saúde do cine arxentino.
- O retorno de Lucía.
- As cartas do avó Pascasio. Unha “Queimada Solidaria” no Centro Galego de Bos Aires.
- As cartas do avó Pascasio: Os números cantan.
- As cartas do avó Pascasio. No barrio montevideano de La Teja.
- Hai que aprender do goberno arxentino!.
- As cartas do Avó Pascasio: Lembras a Burgueño?.
- Consuelo e Susana: unha mesma emoción emigrante en Bos Aires.
- As cartas do Avó Pascasio: O vindeiro xoves 25 de xullo.
- As cartas do avó Pascasio: Unha querella en Madrid.
- As cartas do avó Pascasio: Aplausos para a pontevedresa Ángeles Ruibal.
- O novo Centro Galego de Bos Aires.
- A alegría porteña dunha emigrante de Vila de Cruces.
- As cartas do avó Pascasio. Un interventor con sensibilidade galega.
- Unha loitadora emigrante de Vimianzo en Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio. Adeus peixes, adeus leite.
- Volvemos ao Río da Prata.
- As cartas do avó Pascasio: Os neo-filibusteros atacan Pescanova.
- A “Suprema Inxustiza” da impunidade.
- Unha conversa na mámoa de dona Pedra da Arca.
- Unha carta ao Dr. La Blunda [Interventor do Centro Galego de Bos Aires].
- As cartas do Avó Pascasio: Un heroico mariñeiro de Fisterra.
- Dona Diáspora en Borneiro.
- Dona Diáspora en Baíñas.
- As cartas do avó Pascasio: Esperando ós Reis Magos.
- As cartas do avó Pascasio: Unha visita á Casa de Galicia de Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio: Aprender dos erros.
- As cartas do avó Pascasio: En busca dos millóns perdidos.
- As cartas do Avó Pascasio: Un fogar común na esquina de Belgrano e Pasco.
- Aquel neno da montaña leonesa de Villamanín.
- As cartas do Avó Pascasio: Enganchados ao carro arxentino.
- As cartas do avó Pascasio: A nosa moeda son os pesos arxentinos.
- As cartas do avó Pascasio: Os nosos carballos.
- As cartas do avó Pascasio: Viñemos para sementar.
- Os españois apretan o cinto.
- O ingreso de dona Balbina na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Uruguai abre o camiño para a derrota dos narcotraficantes.
- Forza Elba!.
- Aos moi prezados dirixentes de entidades galegas na Emigración.
- Unha muller no temón do Centro Galego de Bos Aires.
- A urxencia dunha solución para o Centro Galego de Bos Aires.
- Adeus, egrexio mestre Cordeiro Monteagudo.
- Forza Centro Galego de Bos Aires!.
- Graciñas, prezada Arxentina!.
- Sempre con Arxentina!.
- Berremos forte: forza Centro Galego de Bos Aires!.
- A forza dunha neta da parroquia de Bamiro Montevideo.
- O noso embaixador honorario en Bos Aires.
- O fungueiro de Bartolomé Hidalgo.
- Tres galegos da Costa da Morte en terras montevideanas.
- O hórreo do presidente Mujica.
- “La Juvenil” de Bos Aires e “Casa Cruz” de Baio.
- Forza Adolfo!.
- Dona Diáspora busca traballo en Montevideo.
- Galicia, entre Piriápolis e Tacuarembó.
- An Oriant, graciñas.
- Os mesmos sentimentos emigrantes en Bos Aires.
- Un rapaz solidario chamado Martiño.
- A maleta montevideana de dona Diáspora.
- A maleta arxentina de dona Diáspora.
- A forza dos Penedos de Pasarela.
- Dona Diáspora nas beiras do Río da Prata.
- En Bos Aires, unha romería solidaria.
- A páxina emigrante dunha gaiteira montevideana.
- Sempre na Habana!..
- Imos camiño da Habana?.
- O exilio de don Voto Perdido.
- A nosa herdanza na Habana.
- O futuro do Centro Galego de Bos Aires.
- As tres palabras que perderon os emigrantes.
- Unhas garimosas apertas de dona Diáspora.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).