As Cartas do Avó Pascasio: Unha esmola de don Mauricio
12:42 26/10/16
Moi querida neta Cristina:
Correspóndeme informarche que os avós emigrantes seguimos moi indignados en contra duns cidadáns que puxeron á fronte do país a un selecto grupo de despreciables individuos. Cada día que pasa rinse máis da cidadanía. Actúan coa firme determinación de desmellorar o benestar xeral aínda que a súa risa vai dirixida aos que depositaron neles a súa confianza. Están convencidos de que os seus votantes son a partes iguais unha mestura de credulidade, egoísmo e envexa. Enchéronlles o mate de boludeces repetidas mil veces. Conseguiron facerlles crer que con vós na Casa Rosada o bo nivel de vida era irreal. O curioso é que agora esqueceron a inflación e ds dólares ao andar tremendo de medo a perder o laburo.
Dóenos moito o ver que se volve a tempos escuros en que os cidadáns tiñan escasos dereitos. Contigo había “paritarias” para negociar os convenios laborais aínda que os grandes xenios que votaron a don Mauricio o que anhelaban era poder mendigar ao patroncito un aumento e ao goberno unha esmola. Contigo os xubilados tiñan asegurada a revalorización das pensións pero o que desexaban era suplicarlle a don Mauricio unha axuda especial para comprar tres lechugas, dous tomates e un zapallito. Convencéronos de que son pobres pola súa mala sorte ou porque o espírito santo non os acompaña. O bo macrista acepta con alegría que as festas domingueiras son para os gobernantes que se esforzan por aumentar o seu patrimonio persoal.
O gran Darío Fo acláranos como “O Clan do Clarinete” foi moldeando aos globoludos: “Existe o interese de levar a toda a xente á ignorancia. Intentan levar o nivel cultural ao mínimo porque así é máis fácil dominar. A cultura é algo verdadeiro. A cultura aparta a violencia, marxínaa, marxina a especulación, fai razoar ao home, dálle unha moral e dálle unha conciencia cívica. Pero agora o único que parece urxente, é ir tirando para vivir”. Queda ben probado que nas últimas eleccións o uso interesado da violencia e da especulación proporcionoulle o triunfo a uns indecentes que souberon presentarse como os salvadores dunha patria en perigo. Antes calquera membro do goberno recibía duras críticas pero agora un ministro di que “rezar” é unha política útil e apláudeno como tolos.
Lemos que o goberno compensará cun bono de 2000 pesos aos traballadores pola perda de poder adquisitivo dos salarios. Acá temos a mostra de que se rin na “jeta do laburante” ao consideralos súbditos sen uso de razón. Diferentes expertos estiman que o bono debería andar, segundo sectores, entre 12 e 15 mil pesos. Afinando o lápiz, din que un bono realmente compensador sería de 14.867,60 pesos para os metalúrgicos e de 13.435,71 para os gastronómicos e de 12.975,08 para o comercio en xeral. A pregunta que moitos se fan é onde carallo van os máis de 10 mil pesos que lle deben. Os grandes truchos do equipo económico téñeno moi claro. É unha guita que ti afanaches para que os graxa puidesen comer asado os domingos.
Despídome. Voume correndo. Ás nove e media, en punto, comeza a trasmisión en exclusiva desde Madrid para os membros numerarios da Asemblea Celestial da Emigración Riopratense do concerto tanguero da nosa neta Estreliña (Stella Díaz Vidal) xunto ao guitarrista Raúl Chiochio. Ti coñécela de cando cantou coas súas compañeiras do grupo “As do Abasto” na Casa Rosada. Recibe o agarimo inalterable do vello fonsagradino que sofre por culpa dalgúns votantes que se esqueceron de que sen solidariedade non se constrúe nada.
– Pascasio Fernández Gómez.
- Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.com).
Outros artigos dende Lonxe de Montevideo
- As cartas do avó Pascasio: Don Hipólito, cen anos despois.
- O noso benquerido Centro Galego de Bos Aires.
- As Cartas do Avó Pascasio: O indigno réxime macricida.
- Agrandouse o Uruguay!.
- As cartas do Avó Pascasio: Clínica Sanitaria do Globo Amarelo.
- As cartas do Avó Pascasio: O que non podes facer na Arxentina.
- As cartas do avó Pascasio: Un angustioso caso de cornudismo macricida.
- Gol de Peñarol!.
- As cartas do Avó Pascasio: O gran traidor na catedral de Etchemiadzin.
- O milagre de Tandil.
- As cartas do Avó Pascasio: A concha da Shell.
- As Cartas do Avó Pascasio: Sen asado na grella e sen pan no forno.
- As cartas do Avó Pascasio: O complexo de dona Florinda.
- As Cartas do Avó Pascasio: Unha alegre grasita coloreada.
- As Cartas do Avó Pascasio: O saqueo do réxime macricida.
- As Cartas do Avó Pascasio: A aporofobia do réxime macricida.
- Un moi lixeiro mecánico dental.
- As cartas do Avó Pascasio: Hai algo que non pecha.
- As Cartas do Avó Pascasio: O regreso de Alberto Manguel.
- A familia Batán do Mosquetín.
- A Banda Oriental é un bastión de benestar.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha cancha moi enlamada.
- As cartas do Avó Pascasio: Un bo vaso de viño tinto.
- As cartas do avó Pascasio: Unha changuita para Inés.
- As cartas do Avó Pascasio: A dieta macricida prohibe o asado.
- As cartas do avó Pascasio: O macriquilombo instálase na República Arxentina.
- Isabel, a noiva “gayega” de Carlos Gardel.
- Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- As cartas do avó Pascasio: A nacionalización do Centro Galego de Bos Aires.
- Sr. Jorge Daniel Lemus: Ministro de Saúde da nación Arxentina e fillo duns emigrantes de Cereixo.
- A dieta macricida do globo amarelo.
- A marcha atrás tamén é un cambio.
- As cartas do Avó Pascasio: Una quintita en Avellaneda.
- Non somos pedras.
- As Cartas do Avó Pascasio: Un erro pódese convertir nun horror.
- Eu tamén son fisterrán!.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha petición para o presidente Scioli.
- As cartas do Avó Pascasio: Non coman a curva!.
- As cartas do Avó Pascasio: Imos con Daniel da Villa Crespo.
- As Cartas do Avó Pascasio: Non foi maxia pero foi máxico.
- As cartas do avó Pascasio: “Milonga de aquí”.
- Unha linda primavera aurinegra!.
- Un golazo de Cristina!.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha ovella negra no poder.
- A auga é vida.
- A moi garimosa República Arxentina.
- As cartas do avó Pascasio: Homenaxe a Amelita Baltar.
- As cartas do Avó Pascasio: O valor dunha neta de Cuntis.
- As cartas do Avó Pascasio: Unha balea azul na Avenida Sarmiento.
- As cartas do Avó Pascasio: O repouso do “Centrojás”.
- As cartas do Avó Pascasio: A almendra no aquelarre.
- As cartas do Avó Pascasio: “Volverei e serei millóns.
- Gol de Galeano!.
- As cartas do Avó Pascasio: O tren que move aos arxentinos.
- As cartas do Avó Pascasio: Un país de novela.
- O segundo mandato do “gayego” Vázquez.
- As cartas do Avó Pascasio: No corazón dos arxentinos.
- As cartas do Avó Pascasio: Non me toquen a Cristina!.
- As cartas do avó Pascasio: Os nosos herdeiros son arxentinos.
- JE SUIS Centro Galego de Bos Aires.
- As cartas do Avó Pascasio: O Centro Galego da Habana.
- Dona Diáspora na Habana.
- As cartas do avó Pascasio: Os avós que laburamos de albañiles.
- Don Tabaré, presidente electo dos uruguaio.
- O médico de La Teja.
- No paraíso dos paraísos.
- Forza Centro Galego de Bos Aires!.
- Un “hornero” chamado Tabaré.
- Carlos Penelas en Compostela.
- Dona Calandria Fernández e don Voitre Singer.
- A desaparición do Centro Galego de Bos Aires.
- Dona Diáspora viaxa ata San Isidro de Curuguatí.
- Un adeus garimoso para un amigo da Costa da Morte.
- Dona Diáspora nas beiras do Chamangá.
- Dona Diáspora na cidade uruguaia de Melo.
- San Gardel de Tacuarembó.
- Dona Diáspora na rambla de Piriápolis.
- Un fogón artiguista en Madrid.
- As Cartas do Avó Pascasio: Os neopiratas á abordaxe de Galicia.
- As cartas do avó Pascasio: O “Clan do Clarinete” perdeu a partitura:
- As cartas do Avó Pascasio: O caldo galego sempre vén ben.
- O poema e a canción.
- As cartas do Avó Pascasio: A boa saúde do cine arxentino.
- O retorno de Lucía.
- As cartas do avó Pascasio. Unha “Queimada Solidaria” no Centro Galego de Bos Aires.
- As cartas do avó Pascasio: Os números cantan.
- As cartas do avó Pascasio. No barrio montevideano de La Teja.
- Hai que aprender do goberno arxentino!.
- As cartas do Avó Pascasio: Lembras a Burgueño?.
- Consuelo e Susana: unha mesma emoción emigrante en Bos Aires.
- As cartas do Avó Pascasio: O vindeiro xoves 25 de xullo.
- As cartas do avó Pascasio: Unha querella en Madrid.
- As cartas do avó Pascasio: Aplausos para a pontevedresa Ángeles Ruibal.
- O novo Centro Galego de Bos Aires.
- A alegría porteña dunha emigrante de Vila de Cruces.
- As cartas do avó Pascasio. Un interventor con sensibilidade galega.
- Unha loitadora emigrante de Vimianzo en Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio. Adeus peixes, adeus leite.
- Volvemos ao Río da Prata.
- As cartas do avó Pascasio: Os neo-filibusteros atacan Pescanova.
- A “Suprema Inxustiza” da impunidade.
- Unha conversa na mámoa de dona Pedra da Arca.
- Unha carta ao Dr. La Blunda [Interventor do Centro Galego de Bos Aires].
- As cartas do Avó Pascasio: Un heroico mariñeiro de Fisterra.
- Dona Diáspora en Borneiro.
- Dona Diáspora en Baíñas.
- As cartas do avó Pascasio: Esperando ós Reis Magos.
- As cartas do avó Pascasio: Unha visita á Casa de Galicia de Montevideo.
- As cartas do avó Pascasio: Aprender dos erros.
- As cartas do avó Pascasio: En busca dos millóns perdidos.
- As cartas do Avó Pascasio: Un fogar común na esquina de Belgrano e Pasco.
- Aquel neno da montaña leonesa de Villamanín.
- As cartas do Avó Pascasio: Enganchados ao carro arxentino.
- As cartas do avó Pascasio: A nosa moeda son os pesos arxentinos.
- As cartas do avó Pascasio: Os nosos carballos.
- As cartas do avó Pascasio: Viñemos para sementar.
- Os españois apretan o cinto.
- O ingreso de dona Balbina na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense.
- Uruguai abre o camiño para a derrota dos narcotraficantes.
- Forza Elba!.
- Aos moi prezados dirixentes de entidades galegas na Emigración.
- Unha muller no temón do Centro Galego de Bos Aires.
- A urxencia dunha solución para o Centro Galego de Bos Aires.
- Adeus, egrexio mestre Cordeiro Monteagudo.
- Forza Centro Galego de Bos Aires!.
- Graciñas, prezada Arxentina!.
- Sempre con Arxentina!.
- Berremos forte: forza Centro Galego de Bos Aires!.
- A forza dunha neta da parroquia de Bamiro Montevideo.
- O noso embaixador honorario en Bos Aires.
- O fungueiro de Bartolomé Hidalgo.
- Tres galegos da Costa da Morte en terras montevideanas.
- O hórreo do presidente Mujica.
- “La Juvenil” de Bos Aires e “Casa Cruz” de Baio.
- Forza Adolfo!.
- Dona Diáspora busca traballo en Montevideo.
- Galicia, entre Piriápolis e Tacuarembó.
- An Oriant, graciñas.
- Os mesmos sentimentos emigrantes en Bos Aires.
- Un rapaz solidario chamado Martiño.
- A maleta montevideana de dona Diáspora.
- A maleta arxentina de dona Diáspora.
- A forza dos Penedos de Pasarela.
- Dona Diáspora nas beiras do Río da Prata.
- En Bos Aires, unha romería solidaria.
- A páxina emigrante dunha gaiteira montevideana.
- Sempre na Habana!..
- Imos camiño da Habana?.
- O exilio de don Voto Perdido.
- A nosa herdanza na Habana.
- O futuro do Centro Galego de Bos Aires.
- As tres palabras que perderon os emigrantes.
- Unhas garimosas apertas de dona Diáspora.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).