xoves. 01.05.2025
El tiempo

As cartas do avó Pascasio: Unha gran fraude na esquina de Belgrano e Pasco

As cartas do avó Pascasio: Unha gran fraude na esquina de Belgrano e Pasco
Moi querida neta Cristina: Envíoche con urxencia unhas liñas porque estou indignado e á vez moi decepcionado coa actitude da maioría de dirixentes políticos do Centro Galego de Bos Aires. Acordaraste que cando decidiches axudar ao noso querida entidade médico-cultural, soamente recibiches desprezo e ingratitude. Criticar por salvar a unha institución en crise con ataques de mal gusto nas redes sociais. A xente das agrupacións é votante ao 99% do desgraciado lixo macrista. Unha pena que confundan a maionesa co doce de leite. Actuaron con absoluta cerrazón anti “K” sen ver que os inimigos eran da súa propia liña amarela ou globoluda. Agora veñen os queixumes. O interventor macrista moveuse para formar unha lista de adeptos á causa privatizadora. É evidente que hai un desexo tolo por levarse o Centro Galego sen poñer un mango. O interventor, en razón do seu cargo, está en contacto directo coa autoridade xudicial pertinente. Ao xuíz contoulle o conto de que se formou unha lista electoral para poder facer do Centro Galego unha entidade solvente e de prestixio no ámbito da asistencia médica de carácter privado. Díxolle que coñece aos integrantes da lista e que son xente de confianza. Non sabemos se lle comentou algo sobre o ministro de Saúde que é fillo de emigrantes de Cereixo (Vimianzo). Á candidatura ao lado escuro puxéronlle o sonoro nome de "Breogán" (veremos si o podemos denunciar por utilizar ao mítico fundador da nosa nación) e foi encabezada por un elemento de escasa credibilidade que ademais carece dos anos de antigüidade como socio. Supoño que ao xuíz lle presentron fotocopia dun carné trucho. Estase incumprindo unha norma que é inexcusable. Prodúcense unha serie de irregularidades antes e o mesmo día do acto electoral. Se entrevera a elección de representantes coa elección de presidente. Os socios votan aos seus representantes na comisión directiva. Gaña por lonxe o malandraje fronte aos ilusos das catro agrupaciones (A Terra, Celta, Galicia, Unión Galega) que xogaron limpo pero quedaron en claro fóra de xogo. Dóenos o sucedido pero dígoche que non quedaremos caladiños. Estamos preparando dúas cartas para enviar despois do 25 de setiembre ao novo presidente da Xunta de Galicia e ao novo presidente do Parlamento para informarlle de que o patrimonio emigrante está en risco si vai adiante a foda coimera. Por se hai que actuar con contundencia, temos armado o Comando Celestial de Intervención Patriótica que lle inmobilizará as mans a calquera dexenerado que se achegue con intención delituosa ao salón do Instituto Arxentino de Cultura Galega. Alí temos tres grandes xoias das artes plásticas galegas (O Cego, A familia do cego e Nacemento) que debemos protexer de calquera contaxio de microbios descoñecidos. Despídome. Voume a unha reunión co noso amado compañeiro Alfonso Rodríguez Castelao. Pedímoslle ao nobre rianxeiro que nos fale dos seus anos porteños. As súas palabras, sempre sosegadas e cheas de razón, servirannos de alento para defender a continuidade do Centro Galego e opoñernos ao intento de roubo da suor de miles de emigrantes que loitaron na acolledora República Arxentina. Recibe o agarimo do avó fonsagradino que non esquece o fogón riopratense. – Pascasio Fernández Gómez  
  • Manuel Suárez Suárez. (mansuarez[arroba]quepasanacosta.com).
 

Outros artigos dende Lonxe de Montevideo

 

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios