Venres. 26.04.2024
El tiempo

As eleccións en QPC

As eleccións en QPC

Remata a campaña electoral. Os partidos xa están na parrila de saída preparados para que o domingo saian á carreira, agardando que os votantos non nos deixamos levar pola revolución que as redes sociais están creando nas grandes vilas. A petición dunha Democracia Real Ya non debe quedar esquecida na nosa bisbarra, pois o desgoberno que sufrimos é bastante grave. E as probas verbeneiras o cercioran.

Entrementres podemos ir lendo as columnas con tintes electorais que nos chegan dos nosos colaboradores. Hoxe de feito temos a Fran Lago, a Xabier García cunha columna crítica sobre o goberno de Laxe, e como a Jose Luis Louzán que hoxe nos conta un utópico conto sobre un mundo políticamente correcto.

O caso é que o domingo toca votar. A ver como se dá a participación, que no 2007 foi do 63.6% e veremos se os partidos maioritaios manteñen a súa supremacía unha vez que forman parte dos 15 grupos de goberno, sendo 5 alcaldía do PP e 7 do PSOE, por 2 do BNG e unha dos Independientes.

Os Resultados en QPC Eleccions

E logo de votar, xa sabedes que en QPC imos traer os resultados en tempo real, pois xa contamos con colaboracións en todas as mesas e publicaremos os resultados antes que ninguén e con gráficos facilmente descifrables.

Todo o traeremos a www.eleccionscostadamorte.com, onde xa teñen toda a actualidade deste último treito de campaña..

Cales son o peor o mellor alcalde?

E seguindo coa nosa lista de enquisas a través da páxina de Facebook de Que pasa na Costa esta semana preguntamos cales son para os nosos lectores o peor e o mellor alcalde desta lexislatura.

Máis votos mereceu a pregunta polo peor alcalde da Costa da Morte. Son vase 100 os lectores que fixeron a súa votación dos que máis de un tercio opinan que foi Ramón Vigo o peor alcalde da bisbarra. O fisterrán José Manuel Traba é o segundo peor alcalde para os nosos lectores.

No tocante ao mellor alcalde, só houbo un tercio dos votos da anterior enquisa o que tamén pode indicar que é algo que non podemos ter tan claro. Foi Lolo Muíño o escollido, por diante do dumbriés José Manuel Pequeño.

Máis enquisas

Estade atentos que hoxe preguntamos: "Vas votar nestas eleccións?"

Máis información

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios