Venres. 26.04.2024
El tiempo

As festas chegan á #AxendaCostadaMorte cun tempo inestable

As festas chegan á #AxendaCostadaMorte cun tempo inestable
Pouco a pouco as festas van collendo forza na #AxendadaCostadaMorte. Precisamente esta fin de semana haberá festa en varias localidades da zona con motivo da celebración do san Antonio. O que non acaba de arrancar é o tempo propio do verán que, segundo o parte costeiro de Meteogalicia, continuará inestable unha fin de semana máis.

Parte meteoróxico

As precipitacións, ainda que de forma ocasionais, seguirán presentes durante a fin de semana na Costa da Morte e nunha boa parte da comunidade. As temperaturas non serán as propias desta época do ano, xa que se espera que sexan baixas durante toda a fin de semana cun descenso ainda máis considerable o domingo. O vento será frouxo mentras que no mar a situación agárdase que estea tranquila durante toda a fin de semana.

Festas

  • San Xoan de Carballo. Esta noite arrancan as festas do san Xoán de Carballo coas actuacións do DJ Álex Naya e da orquesta París de Noia.
  • Festas en Baíñas. O campo do Outeiro de Baíñas, Vimianzo, xa está preparado para os tres días de festa que lle veñen por diante. A troula arranca hoxe con actos litúrxicos e unha verbena amenizada polo grupo Aramio e a orquesta Panorama.
  • Festas de Xallas-Cee. Mañá e o domingo, en Xallas-Cee celebran as festas de San Antonio nas que non faltará a música a golpe de orquesta.
  • Festas en Carnés. Na parroquia vimiancesa de Carnés celebran mañá as festas de San Antonio.
  • Festas de Vilamaior-Santa Comba. Mañá á noite e o domingo durante a sesión vermú a parroquia xalleira de Vilamaior soará a ritmo de orquesta.

Sendeirismo

  • Andaina por Mazaricos. Chegan ao seu fin as Andainas Coñece a Costa da Morte cun ruta por terras de Mazaricos. A cita é mañá pola mañá.

Outras citas

  • Concerto de Jazz en Laxe. Esta noite, a partir das 21:30 horas, a música jazz volverá a soar no Museo do Mar de Laxe da man do grupo galego Malasombra Jazz.
  • Cruceiro pola ría de Cee. O Centro Social de Cee organiza esta tarde un cruceiro pola ría para facer unha excursión co familia.
  • Homanxe a Mosqueira Manso. A Fundación Eduardo Pondal organiza en Corme unha homenaxe ao biólogo e cartógrafo cormelán José María Mosqueira Manso. A cita é hoxe a partir das 17:00 horas na Solaina.
  • Concerto no Casino de Carballo. O Casino1889 acolle hoxe a partir das 21:oo horas un concerto dos míticos Dude.
  • Cine no Casino de Carballo. Xa o sábado, á partir tamén das 21:00 horas, proxectarase "Luna nueva", unha película dirixida por Howard Haws.

Exposicións

  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas. Ademais ata o mes de abril hai unha exposición de Esther Ferreiro.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, abre sábados e domingos e festivos  (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo acolle unha Mostra de Traxe Tradicional, e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
  • En Stoupa (Cee) A mostra pode visitarse de luns a sábado de 12 a 14 horas e de 17 a 21 horas.
  • A sala de exposicións do faro Vilán acolle ata o 31 de xuño a mostra de pintura “Arribando á Costa”, composta por unha serie de traballos adicados o mar e a natureza
  • A Casa da Cultura de Cee acolle dende hoxe e ata o 22 de xuño unha exposición de pintura. A presentación é hoxe, ás 19:30 horas.

Máis información

Fonte

Comentarios