Loli Toja e Ana Miranda levan sendas iniciativas pesqueiras aos foros Galego e Europeo

07:07 26/01/19
- A seguridade no porto de Malpica volve ao Parlamento.
- A dragaxe do Porto de Laxe xa ten Declaración de Impacto Ambiental.
- A familia malpicá do falecido no mar pide solucións para o porto.
Seguridade en Laxe, e ollada aos naufraxios
A Comisión de pesca e marisqueo aprobou a iniciativa socialista para “mellorar urxentemente os problemas de seguridade no peirao de Laxe”. Pero é algo que non é suficiente para a portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, que presentou unha proposición non de lei na que define a “realización da dragaxe coma un parche” e na que pide a realización dunha “medida definitiva” para “solucionar definitivamente os problemas do porto e da praia” que consistiría no “derribo de 70 metros de dique exterior”. A deputada socialista lamentou que pese a votar a favor, o PP continúe sen dar unha data para a obra e falou da “incompetencia absoluta” dunha xestión que leva 5 anos para se realizar “e mesmo formou parte dos orzamentos”. Ante esta situación sinalou que “a resposta do goberno foi sempre a mesma: Vaise realizar” aínda que o problema e que “non se determina en que prazo se realizará a obra” e continuase cunha obra que leva planeada dende o 2008 e que a pesares de que se anunciou, continua sen data. Ademais, a laxeira botou en cara que a Xunta non faga máis cousas para evitar a cantidade de naufraxios que teñen en lugar en Galicia. Toja denuncia que “o maior risco para a seguridade son os Orzamentos da Xunta”, que reduciu as partidas de Saúde e Seguridade de 900.000 a 300.000 euros entre 2017 e 2019, “executando ademais nada máis que un 37 por cento, deixando no caixón 6 de cada 10 euros”. A parlamentaria socialista sinalou os datos do Novo Catálogo de Naufraxios, que alertan de que, nos 18 anos que van de século XXI, tiveron lugar preto de cen sinistros mariños en Galicia, cun elevado número de vítimas mortais.O BNG en Bruxelas
