Mércores. 24.04.2024
El tiempo

ASOAR-ARMEGA denuncia unha mala xestión dos residuos porturarios

ASOAR-ARMEGA denuncia unha mala xestión dos residuos porturarios
Cóntannos dende a ASOAR-ARMEGA varios exemplos de cómo funciona o serivzo de recollida de residuos nos portos da zona. Cóntanos como a comezos de ano a Confraría de Camelle declarou que o colector de aceites usados MARPOL atopábase selado, sendo imposible desfacerse convenientemente dos aceites usados procedentes do motor das súas embarcacións. A Confraría de Malpica tamén advertira dalgúns atrasos na recollida deste tipo de residuos. Así mesmo, naquel momento comprobouse que en numerosos portos da zona viña ocorrendo o mesmo, o colector MARPOL I tipo C atopábase inutilizado, a pesar dos importantes investimentos realizados nesta materia. Ao mesmo tempo observouse que algúns traballadores do mar, como alternativa, empezaran a deixar pequenas garrafas cheas de aceite no porto ou nas súas casetas de traballo á espera de que se normalizase o servizo de recollida. Posteriormente, o 19 de agosto, Portos de Galicia anuncia a contratación da xestión do servizo portuario de recepción de refugallos MARPOL xerados por buques en todos os portos autonómicos, pero en portos como o de Laxe, Camelle, Corcubión e Fisterra, entre outros, foron retirados os antigos colectores da empresa Portvigo S.L. e non foron substituídos por outros novos, co que actualmente os usuarios destes portos non dispón dunha instalación receptora adecuada para depositar os residuos de aceites de motor, tal como indica a normativa vixente. E as garrafas acumúlanse nos portos!, afirman. Por esta clase de cousas, a ASOAR-ARMEGA considera necesario o restablecemento do servizo de recollida dos residuos MARPOL tipo C (refugallos das sentinas da cámara de máquinas ou dos equipos de depuración de combustible, os filtros usados e os residuos de aceites de motor, transmisión e lubricantes), tendo en conta que devandito servizo deixou de ser efectivo nos últimos meses, o que supón un problema e risco ambiental que pode influír na capacidade produtiva das augas mariñas, ademais de afectar ao potencial turístico por degradación da paisaxe costeira.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da ASOAR_ARMEGA.

Comentarios