![pescador-alejandro-rodrigue]()
A Pesca segue convertíndose nun referente na Costa da Morte. Coas súas desgracias, como a acontecida
esta pasada fin de semana nos cantís de Laxe, onde un home perdía a vida mentres practicaba a pesca. Pero tamén coas súas alegrías, como as que levou Alejandro Rodríguez Rodríguez esta fin de semana.
Aquí o vemos co regalo que levou á súa casa de Lires (Cee) o mesmo día de Nadal, o 25 de decembro de 2010. Alejandro baixaba a pescar á zona da Nave, en Fisterra, e alí se fixo cun tremendo róbalo de case 7 kg, que demostra que a Costa segue estándo moi rica.
E tamén o demostra o nacemento de blogs sobre o tema, como o novo blog que vén de abrir dende Caión Miguel Piñeiro,
Solorobalizas. O título xa o di todo así que os interesados xa saben por onde poden pasar a buscar información.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Foto de Cristina Rodríguez Fraga.