A asociación de camiñantes de Gran Bretaña fíxase no Camiño dos Faros
A pesar do esquecemento institucional, o Camiño dos Faros segue rompendo fronteiras. Despois de ter aparecido en publicacións xeneralistas de todo o planeta como The Guardian, The New York Times, The Washington Post,... e nas publicacións de sendeirismo máis importantes do mundo (Trek Magazine, Wandermagazin, German Alpine Club, Op Weg…) a familia Traski lóubase de aparecer estes días nunha desas entidades de referencia en toda Europa.
The Ramblers Association, a asociación de camiñantes de Gran Bretaña, con preto de 100.000 membros e unha rede de voluntarios que mantiveron e protexeron a rede de sendeiros desde 1935, vén de facer unha ampla reportaxe do noso “Way oh the Lighthouses”.
A presentación dá conta de como vén este produto feito pero pendente de que as administracións o homologuen: “Puntas rochosas, amplas praias azotadas polo vento, bosques sombríos e lagoas tranquilas: o Camiño dos Faros é un paseo de paisaxes contrastadas, que arroxa luz sobre a historia e a cultura da escarpada e verde Galicia no noroeste de España”.