Venres. 12.08.2022
El tiempo

Os eólicos, os grandes inimigos do destino Starlight

Os eólicos, os grandes inimigos do destino Starlight

Ter un ceo limpo, un ceo escuro, un ceo que sirva de reclamo turístico, implica, entre outras cosas, non estarmos invadidos de viraventos. Así o entende o grupo local Ecoloxistas en Acción Costa da Morte considera que a declaración Starlight é inviable na Costa da Morte polo forte impacto nocturno provocado polo aluvión de parques eólicos en proxecto e a repotenciación dos existentes.

”Aínda que a denominación de "Zona Turística Starlight" tería facetas positivas a realidade é que o actual ceo nocturno na meirande parte dos concellos inplicados dista moito de ser a ideal nunha bisbarra que en breve pode quedar ateigada de centos de aeroxeradores con altitudes en voo de aspa superiores en moitos casos aos 200 metros con presenza de iluminación permanente de balizamento posicional”, sinala María del Rosario Monroy García.

Ecoloxistas en Acción Costa da Morte denuncia que os novos proxectos xa instalados crearon un efecto "árbore de navidade" totalmente prexudicial para a observación nocturna e a astrofotografía que necesita de ceos sen elementos distractivos e en completa escuridade. A isto hai que sumar os 24 parques eólicos xa en funcionamento ou en vías de repotenciación e os máis de 20 proxectados, que só serven para amplificar un problema de moi dificil solución no actual contexto de implantación eólica que só pode calificarse de irracional.

”Pretender como algúns queren por intereses políticos, comerciais e/ou persoais comparar a actual situación nocturna da Costa da Morte con ceos considerados como os mellores do mundo como Canarias ou Atacama só pode levar á confusión porque efectivamente, fai décadas a contaminación lumínica na zona era moito menor pero agora o desmesurado plan de implantación de parques eólicos sumado á deficiente iluminación municipal de concellos como Vimianzo, Cabana de Bergantiños ou Ponteceso fai que a certificación "Starlight" sexa tan só unha quimera de imposible realización”, lamenta.

Por iso pide que se solicite a delimitación dunha “zona de exclusión eólica e se racionalice un sector que está afectar por igual tanto ao territorio como á veciñanza cunha moratoria ante novos proxectos este tipo de iniciativas non poderán ter viabilidade.

Novas relacionadas

comentarios