Venres. 03.05.2024
El tiempo

As Axencias de Viaxe da comarca piden un plan de acción a 10 anos

Axencia Travels to Finisterre en Cee
Axencia Travels to Finisterre en Cee
As Axencias de Viaxe da comarca piden un plan de acción a 10 anos

A Asociación de Profesionais de Turismo da Costa da Morte (APTCM) reuniuse con varias axencias de viaxes para coñecer a visión que teñen do sector turístico da Costa da Morte. En representación destas axencias de viaxes asistiron Manuel Oreiro de Viloria viajes, Ricardo Darriba de Travels to Finisterre e Jennifer Martínez e Juan Blanco de NATURMAZ, as tres empresas socias de APTCM.

Os profesionais trasladaron á directiva a neceisdade de elaborar un documento base de desenvolvemento do territorio “Costa da Morte” que permita sentar as bases do ordenamento futuro do sector para os próximos 10 anos.

As entidades afondaron na necesidade de potenciar as capacidades máis singulares do Xeodestino, tales como a natureza, o patrimonio cultural ou a gastronomía, para analizar a situación dos paquetes turísticos necesarios para desestacionar o sector.

En definitiva, o establecemento dun plan de traballo elaborado dende a base e polo tanto coa opinión e participación dos profesionais asentados no territorio  (bottom-up) e tamén coa colaboración das institucións públicas locais (concellos que forman parte do Xeodestino-CMAT) coa finalidade de establecer os mecanismos de desenvolvento que se precisa para obter resultados efectivos de cara a desestacionlización, ordenamento, profesionalización etc. 

Comentarios