Luns. 07.10.2024
El tiempo

Axenda para esta solleira fin de semana na #CostadaMorte: aquí as propostas!

A primeira fin de semana de xuño preséntase solleira e cálida, o que anima a gozar das propostas culturais e de lecer da Costa da Morte, e que vos detallamos máis abaixo.

2019052812072519035
De Ninghures actuará o venres a partir das 21.00 horas no Casino de Carballo.
Axenda para esta solleira fin de semana na #CostadaMorte: aquí as propostas!

ARTE DE METEOGALICIA: TEMPO SOLLEIRO E CÁLIDO

Meteogalicia avísanos que o venres Galicia manterase na influencia das altas presións, con aire cálido africano en superficie que deixará altas temperaturas tanto polo día como pola noite. Así, agárdanse ceos despexados en toda a Comunidade, con formación de nubes de evolución pola tarde en zonas altas do interior que poderían dar lugar a algún amago treboento. O sábado, estaremos nunha situación intermedia entre altas e baixas presións. Polo tanto, os ceos estarán pouco anubrados ou despexados con nubes de tipo alto que non impedirán o paso do sol. Xa o domingo, Galicia quedará nesta xornada nunha situación intermedia entre altas e baixas presións. Deste xeito os ceos estarán parcialmente anubrados, aínda que con nubes medias e altas que non deberían impedir o paso do sol; nas últimas horas da tarde entrarán néboas e nubes baixas polo litoral. 

Venres 31 de maio 

-Concerto folk De Nnghures en Carballo.

-Fin de semana de teatro en Dumbría.

Sábado 1 de xuño

-Festas da Pereiriña, en Cee.

-Festas do Anxo da Garda de Coiro, Mazaricos.

-Inauguración do Ambigú no Casino de Carballo

Domingo 2 de xuño

-Ao Son do Rural en Baio.

-Andaina da Asociación Virxe do Carme por Airiño.

EXPOSICIÓNS

  • As Torres do Allo, en Zas, abren todos os sábados, domingos e festivos en horario de 11:00 a 19:00 horas. A programación habitual: – Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia. – O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa).
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
  • A Tenda Turística Stoupa acolle a exposición "Mar de Crebas".

TODA A INFORMACIÓN DEBULLADA NA #AXENDACOSTADAMORTE

Comentarios