A #AxendaCostadaMorte para enterrar o Entroido

Case tan potente como a da semana pasada chega a AxendaCostadaMorte para segunda batida do Entroido. Unha fin de semana cargada de Enterros, como o da Mikaela, a gran festa da mocidade da comarca, pero tamén cunha cita gastronómica de excepción, e outra poéticade gran interese.
XXII Festa do Bolo do Pote
Sábado e domingo nos establecimentos hostaleiros, e domingo na carpa, a Festa do Bolo do Pote é toda unha experiencia de sabor tradicional. A Asociación de Amas de Casa prenden os fogóns e crean este manxar para que degustemos o valor do auténtico.
Enterro da Mikaela de Buño
É unha das festas máis importantes para a mocidade de toda a comarca, e así o corroboran a cantidade de buses fletados dende todas partes ata Buño para disfrutar deste viacrucis de bares, que xa comeza coa sesión vermú, e non remata ata ben pasada a madrigada…
Os Enterros de Faustino e Farruco e os Madamitos e Ghuadineros
Sen marchar de Malpica, e mirando como quedaches da noite da Mikaela, o domingo é bo día para ficar en Malpica. Ás 16:00h arrincan os Madamitos e Ghuadineros polos lugares da parroquia de Cerqueda.
Mentres, Malpica celebra o Enterro do Faustino, ao tempo que en Seaia fan o propio co Farruco, dous dos persoeiros máis singulares do entroido bergantiñán.
O Enterro do Caietano
Outro dos Enterros máis singulares é de Laxe. Tamén o domingo, e para pechar o Entroido, o velorio comeza ás 17:00h diante da Casa do Concello. Haberá procesión e despois queima na praia e gran festa musical final.
Concurso de Carrozas e Comparsas do Entroido de Cee
Xa van uns anos que Cee deixa o seu concurso de comparsas para o Sábado de Piñata, convertíndose xa na gran festa de despedida do entroido co mellor da Costa da Morte e a Barbanza. Son 11 comparsas participantes procedentes de Camariñas, Cee, Fisterra, Muros e Vimianzo, que arrincarán o desfile ás 16:30 da Praza do Concello ata o Pavillón, para celebrar o certame a cuberto.
Concurso de Comparsas do Entroido de Baíñas
Despois da cita na capital municipal, Vimianco pecha o entroido co tradicional Concurso de Comparsas de Baíñas, o máis nocturno. O desfile arrinca ás 19:30 para comezar o certame contra as 21:00h no pavillón.
Enterro da Sardiña de Camariñas
Para poñer punto e final aos festexos do Entroido en Camariñas, o sábado 29 de febreiro organizarse o Enterro da Sardiña. Os actos comezarán ás 17 horas na Casa de Pedra cun Velatorio, ás 17:30 horas haberá unha Marcha Fúnebre coa batucada Malandros, e ás 18 horas, na praza do mercado, terá lugar o enterro e os asistentes poderán gozar dunha gran chocolatada.
O Batallón Literario xúntanse de novo
Este vindeiro domingo 1 de marzo, ás 12:00h, o Bela Fisterra artella unha xuntanza moi especial. O famoso “Batallón Literario da Costa da Morte” unirá versos no hotel fisterrán.
A citas culturais da fin de semana, en Muros e Carballo
Muros xa puxo o punto e final ao entroido e xa volve a programación teatral ao Auditorio. Este sábado ás 21:30h, “Crónicas do Paraíso”, de Sarabela Teatro.
Ademais, o Casino Carballo acolle o sábado a presentación da longametraxegravada en Cuba Macorinas, en presencia dos seus directores.