Unha #AxendaCostadaMorte de verbena, compras, tapas e mar
Non dan praia para esta fin de semana de pleno agosto, así que cómpre buscarse cousas que facer. Ademais das verbenas, esta fin de semana temos sesión comercial en Baio ou festa histórica en Muxía, dúas das propostas que destacamos esta fin de semana.
Parte de Meteogalicia
Pasada a fronte do xoves, o aire frío arrastrado deixará tamén chuvascos ocasionais pola mañá e pola tarde, con ventos fortes do suoreste, sobre todo no mar. Unha mar que manterá o aviso por ondas de máis de 4 metros polo mar de fondo, que irá amainando ao longo da fin de semana.
Durante a noite de venres comezarán a amainarán os ventos, pero deixarán orballos.
O sábado será un día de transición, coa mañá de ceos cubertos e baixa a probabilidade de chuvia, sobre todo durante a tarde cando teremos algo máis de apertura de claros. Teremos ademais unha importante baixada de temperaturas que nos deixará sen estas noites chamadas “tropicais” con mínimas de 20º. As noites de sábado e domingo xa rondaremos os 15º.
Para o domingo formarase un corredor de isobaras no Atlántico que traerá humidade dende o mar, e coma sempre, seremos os primeiros en sufrir os ceos anubrados e algún que outro chuvasco intermitente.
Xornadas comercias e gastronómicas do Punto Rojo de Baio
Ruta de tapas, ofertas, rebaixas rebaixadas, sorteos… a vila de Baio ponse de moda co Punto Rojo, esas xornadas que poñen en valor o comercio local e que nos serven para disfrutar dunha fin de semana que… non dá para ir á praia.
XIII Mercado das Rutas do Mar de Muxía
Unha das citas máis especiais da fin de semana celébrase en Muxía en clave de historia. A vila trasládase a comezos do século pasado, cando era un fermoso mercado mariñeiro, e cuidadosamente engalanada acollerá actividades de rúa, postos de artesanía, de gastronomía…
Outra das citas "históricas" da fin de semana dase en Cabana, coa Noite do Medievo, o casamento medieval e toda unha serie de actividades na aldea de Rioboo.
Vai de verbenas
- Os festexeiros profesionais de San Mamede (Carnota) celebran as súas festas dende o mércores e ata hoxe venres.
- Espectaculares verbenas as das Festas de agosto de Vimianzo, dende o venres ata o domingo, rematando a trioula xa na tarde do luns con festa infantil.
- De venres a luns, os lugares de O Pindo, Quilmas e a Curra únense para as Festas de San Clemente.
- Venres e sábado hai Festas do Carme en Sardiñeiro, Fisterra, con especial atención á máxica procesión do Carme.
- Festas do Sacramento de Nemeño, Ponteceso, danse sábado e domingo.
Outras citas singulares
- O venres rematan os Encontros de Filosofía para Veraneantes de Corcubión, e fanno con Marñia Lado e Olaia Sendón.
- O venres, Beatriz Corzón presenta o seu libro en Santa Comba.
- O venres, as Noites na vila de Malpica deixan o concerto da Traskiband.
- O Verán Cultural de Cee déixanos concertos varios de venres a luns, nas noites da Casa da Cultura.
- Sábado de gastronomía, artesanía e deporte en Esteiro, coa Bandeira de Traíñas, a Festa do Mexillón e a feira Arte nas túas mans.
- O sábado, o Castelo de San Carlos de Fisterra acolle a presentación do libro de Anxo Muíños.
Semana de estrelas
Ademais, para comezar a vindeira semana teredes tres citas imprescindibles para disfrutar do espectáculo das Perseidas no mellor ceo de Europa, o da Costa da Morte:
- A plataforma Monte Neme organiza dúas andainas nocturnas, sábado e martes, para disfrutar das estrelas dende o monte carballés.
- Finalmente o domingo 11, Cabana organiza unha Ruta das Estrelas con Jorge Mira con saída dende Dombate.
- O luns 12 o Concello de Santa Comba organiza unha Noite das Perseidas dende San Bartolomeu.
EXPOSICIÓNS
- Durante o mes de agosto a Liresca acolle unha exposición de arte crebeira de Mar de Fábula.
- O Faro Vilán acolle a exposición do artista alemán afincado en Malpica Peter Kramer.
- A Casa das Peritas volve abrir durante o verán a súa singular exposición en Mallas, Fisterra. A exposición poderá visitarse os sábados e domingos entre o 13 de xullo ao 31 de agosto en horario ininterrumpido de 12:00h a 21:00h
- A Tenda Turística Stoupa acolle a exposición #36MesesStoupando para celebar o seu 3º aniversario, ata principios de setembro de martes a sábado de 12 a 14 h e 17 a 20h.
- As Torres do Allo, en Zas, de luns a venres dende as 11:00 da mañá ás 20:00 da tarde; e o sábado e domingo amplíase este horario ata as 21:00 horas. A programación habitual:
- Visitas Guiadas: ás 13h e 17h. Permitirán coñecer o conxunto etnográfico que inaugurou unha tipoloxía edilicia en Galicia.
- O Xogo de Pistas “Os secretos Ocultos nas Torres: deforma continuada durante o horario de apertura (sen necesidade de reserva previa).
- Visitas teatralizadas todos os domingos de xullo e agosto ás 19:30. - Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
- Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
- No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.