O BNG sobre os Orzamentos 2020: “A Xunta non atende á Costa da Morte nin en ano electoral”
Onte facíao o BNG de Bergantiños, e hoxe é o BNG do sur da Costa da Morte o que fai valoración dos Orzamentos da Xunta 2020 para a comarca. Se por Bergantiños consideran as partidas costeiras “insuficientes”, polo sur da bisbarra xa consideran crónico o esquecemento do PP, e mesmo valoran que “nen en ano electoral, o PP da Xunta atende as necesidades orzamentarias da Comarca”. “A situación non pode ser peor que o panorama que se presenta para o ano 2020, un ano que pode ser determinante para a situación económica e industrial da zona”,
Discrecionais
Antes de nada denuncian que nestes últimos anos os presupostos se “presentan dun xeito moi opaco, pasando de detallalos, como se facía anos atrás, os investimentos reais por cada concello a amosarse en partidas xenéricas, das que se poderán, segundo conveniencia política, asignarse discrecionalmente”.
Nin industria, nin saneamento
Dende o BNG amosan a súa preocupación “en que a Xunta nen pensa en un Plan A, nin un Plan B, polo que poida acontecer co futuro dos traballadores e traballadoras de Ferroatlántica, un dos polos industriais motores da Comarca”.
Sobre o saneamento das rías Corcubión e Cee e a de Muxía Camariñas, ambas con grandes carencias na depuración que a propia Xunta recoñece no informe recente, lamentan que só se destinen unha achega de 150.000€, a pesar de que o BNG leve a situación ata Bruxelas. “Desde o BNG coidamos que, só para abordar o saneamento desta ría, faría falta unha cifra duns 4 millóns de euros”.
E si, hai partida partida para a Autovía, pero para o BNG “resulta inaceptable que novamente volte diferirse o orzamento para anos próximos, como partida plurianuais”.
NOVAS RELACIONADAS
- O BNG de Bergantiños considera insuficiente e “pensados para os amigos” os orzamentos da Xunta para a comarac.
- Novembro 19: O dragado de Laxe e a Variante de Carballo, demandas de décadas, as únicas apostas dos Orzamentos da Xunta 2020.
- Setembro 19: En breve comezarán as obras do dragado de Laxe:
- Xuño 19: A Xunta comprométese a impulsar a Variante de Carballo.