O BNG presenta varias enmendas aos orzamentos da Xunta para a Costa da Morte

Xosé Luis Rivas Mini, deputado do Bng no parlamento galego, visitou onte a Costa da Morte para dar a coñecer as emendas presentadas aos orzamentos da Xunta para o ano vindeiro, no que ten a ver coa bisbarra. Acompañado do concelleiro en Cee e responsable comarcal, Serxio Domínguez Louro, Mini declarou que:
“A comarca da Costa da Morte precisa de inversións públicas para sair do esquecemento ao que o somete o Partido Popular. Son obras e necesidades básicas, non se está a solicitar privilexios, se non equipar a bisbarra a outras do país. A inoperancia da Xunta tena que tapar outras administracións como a Deputación de A Coruña. O caso recente do Blue Star en Ares pon de relevancia que as emendas do Bng son imprescindibles para unha maior seguridade no mar, e na Costa da Morte en especial”
Pola súa parte, Serxio Domínguez referíouse a situación da comarca como:
“Téñoo dito en varias ocasións, a Costa da Morte morre, os datos que saen cada pouco tempo son esclarecedores, e indican que perdemos poboación por falla de oportunidades laborais e porque os nosos mozos e mozas teñen que sair a facer a súa vida lonxe da súa terra e dos seus. Mais isto non é unha plaga bíblica a que non se lle pode poñer fin, se non que son as consecuencias dunha política nefasta, da falla de compromiso do Partido Popular coa bisbarra”.
As emendas referídas a comarca son:
- Plan de medidas de reactivación económica, industrial e de emprego da Costa da Morte
- Remate da autovía.
- Seguridade viaria: acondicionamiento e dotación Servizos da travesía da estrada AC-552 (avd. Fisterra) e da AC-550 (Avda. Fernando Blanco) ao seu paso por Cee.
- Mellora dos recursos materiais e plantilla do Hospital da Virxe da Xunqueira.
- Posta en marcha da unidade de cardioloxía no hospital comarcal.
- Construcción dun novo centro de saúde de Cee, no solar que o existente ocupa, e que podería compartir, dando dúas plantas de altura, cun centro de día.
- Posta en marcha do Plan director do Monte do Cabo en Fisterra.
Acondicionamento e dotación de servizos da travesía da estrada AC-455, ao seu paso pola recta da Anchoa, na entrada de Fisterra.
- Dotación sistemas para operatividade do heliporto Ruibo
- Construcción dos portos deportivos de Corcubión e Fisterra.
- Dotación Porto de BRENS de base e equipamento de loita contra a contaminación mariña.
- Saneamento integral da ría de Corcubión
- Acceso ao porto de Brens.
- Ampliación e mellora da EDAR de Cee e Corcubión.
- Proxecto e execución porto deportivo
- Dotación e equipamento Centro de día de Corcubión.
- Elaboración Plan Director do Cabo Touriñán.
- Mellora da rede de saneamento de augas no rural de Muxía e Camariñas.
Novas sobre os Orzamentos da Xunta 2020
- O BNG sobre os Orzamentos 2020: “A Xunta non atende á Costa da Morte nin en ano electoral”:
- Os Orzamentos da Xunta inclúen 1 millón de euros para a VAC, pero as obras non comezarán ata 2021.
- O BNG de Bergantiños considera insuficiente e “pensados para os amigos” os orzamentos da Xunta para a comarac.
- Novembro 19: O dragado de Laxe e a Variante de Carballo, demandas de décadas, as únicas apostas dos Orzamentos da Xunta 2020.