Venres. 26.04.2024
El tiempo

O BNG volve levar ao Parlamento a eterna problemática cos pediatras na Costa da Morte

Manifestacion contra os recortes en pediatria-Foto-Paula Castineira 2
Imaxe dunha manifestación contra os recortes en pediatria-Foto-Paula Castiñeira
O BNG volve levar ao Parlamento a eterna problemática cos pediatras na Costa da Morte

Lonxe de solucionarse a eterna problemática co servizo público de pediatría na Costa da Morte. Unha década de recortes na sanidade pública e na atención primaria provoca a continua a falta de cobertura de prazas de médicos e médicas, as baixas que non se cobren, a continua redución de profesionais, o aumento das listas de espera, as viaxes das familias para acodir a un especialista…

Hai unanimidade entre sindicatos, colexios profesionais, plataformas sanitarias, organizacións profesionais e, sobre todo, entre as familias da grave situación do sistema de saúde no rural. Unha situación que se agrava en verán, cando a poboación se duplica mentres que a capacidade dos centros de saúde se reduce polas vacacións non cubertas dos seus profesionais.

Así acontece, por exemplo, en Cee, onde o Centro de Saúde está asumindo as tarxetas sanitarias das crianzas de Corcubión, Fisterra, Muxía, Dumbría, ademais das do propio concello ceense.

Así o denuncia o BNG da Costa da Morte, que considera “indignante” que esto aconteza, “que non exista unha política de previsión de vacacóns e/ou baixas das profesionais, e que a Xunta se escude na falla de profesionais”.

Para o BNG a Xunta está incumplido a Lei 8/2008 de 10 de Xullo de Saúde de Galicia, que recoñece o dereito a asignación de persoal facultativo con continuidade, como establece no seu Artigo 12º.

Así, ante esta situación, o BNG pedirá no Parlamento que a Xunta reforce o servizo de atención pediátrica na bisbarra durante o verán.

Novas relacionadas

Comentarios