Venres. 29.03.2024
El tiempo

Caión acollerá o II Encontro de Turismo Costa da Morte

CMAT_AsistentesAsembleaNovembro2022
Asistentes á Asemblea de novembro da CMAT
Caión acollerá o II Encontro de Turismo Costa da Morte

Celebrouse esta semana unha nova Asemblea de socios da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT). A entidade publico-provada que xestiona o noso xeodestino fixo balance do “intenso” traballo desenvolvido durante o presente exercicio e deseñou as liñas básicas da estratexia turística para o 2023.

Pero o máis urxente é armar a organización do II Encontro de Turismo da Costa da Morte, que terá lugar na localidade de Caión (A Laracha) o próximo martes, 29 de novembro. “É unha cita anual que queremos institucionalizar e que debe servir para intercambiar ideas e proxectos e para mostrar a potencial do sector turístico do xeodestino”, apuntou a presidenta da CMAT, Mónica Rodríguez quen anunciou que o obxectivo é celebrala cada ano nun concello diferente.

O Encontro contará con representantes do concellos, do tecido empresarial turístico local, da Deputación da Coruña, de Turismo de Galicia e da Fundación Starlight, xa que unha das liñas estratéxicas postas en marcha é convertirse en Destino Starlight.
No caso de obtelo, CMAT considera que “será sen dúbida un gran trampolín para o posicionamento internacional de Costa da Morte”. Ademais, a incorporación de Costa da Morte na rede de Destinos Starlight “sería de gran impacto, xa que poucos destinos certificados contan coa extraordinaria dimensión do territorio”.

Máis proxectos

A asemblea serviu para repasar as actuacións deste ano como a participación do destino en FITUR en xaneiro de 2023 e da posibilidade de por en marcha un relevante proxecto destinado a mellorar a calidade e a competitividade dos servizos turísticos. O convenio con Turismo de Galicia permite que Costa da Morte Asociación Turística impulse campañas promocionais temáticas para poñer en valor o patrimonio megalítico de Costa da Morte, os principais lugares de interese xeolóxico, o surf e as praias salvaxes e o turismo familiar.

A entidade seguirá traballando na imaxe e posicionamento dos valores da marca do destino, na diversificación da oferta e na súa mellora, na distribución equilibrada dos fluxos turísticos ao longo do territorio e na desestacionallización da demanda.

Novas relacionadas

Comentarios