Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A nova directiva da APTCM ponse a traballar para captar novos socios

Nova directiva da APTCM Costa da Morte
Nova directiva da APTCM Costa da Morte
A nova directiva da APTCM ponse a traballar para captar novos socios

Trala presentación oficial e a incorporación á CMAT, a nova directiva da Asociación de Profesionais de Turismo da Costa da Morte xa se puxo a traballar.

Esta semana celebrou a súa primeira reunión de traballo na Casa da Cultura de Vimianzo. E fixérono apostando pola profesionalización, escoitando a proposta como plan de traballo das profesionais da asesoría ténica Atlante, Marta Rodriguez e Manuel Carneiro.

Captación de socios

Vai ser un dos cabalos de batalla da entidade, que a día de hoxe só conta con 80 socios, 65 ao corrente de pago. A directiva considera que hai, polo menos, unhas 50 empresas interesadas en sumarse ao proxecto, cifra que en calquera caso, consideran “insuficiente se queremos a unión e profesionalización do colectivo”.

Desestacionalización

O gran desafío do sector nos últimos lustros está claro. E para conseguir visitantes durante a primera, outono e inverno, falouse dos diferentes recursos que podrían axudar e polos que xa se está apostando dende o CMAT: Turismo familiar, destino Starlight, megalitismo, xeoloxía: Penedos e monte Pindo, ornitoloxia, temporais, surf, buceo, pesca, avistamento de cetáceos, vela, sendeirismo, paseos ecuestres, BTT, outono e os cogumelos, primavera (xestas e toxos), Camiño de Santiago, camiño dos faros, fotografía, cabeceiras, natureza, gastronomía, patrimonio subacuático, museos, o último Solpor da Europa atlántica e tódolos solpores, autocaravanismo, praias e amigas das mascotas, faros, románico, arquitectura moderna, pazos, feiras, festas e xornadas gastronómicas e os grandes recursos literarios que son Eduardo Pondal e o Batallón Literario da Costa da Morte (BLCM).
”Todos eles exemplo do que temos é do que podemos poñer en valor”.

A entidade espera ofertas de proxectos ou de empresas para adherirse en [email protected] ou no 639 54 60 11.

Novas relacionadas

Comentarios