Carballo é o Concello de Galcia que mellor recicla o vidro



Pois aí están as cifras. Carballo é o Concello galego que máis kg por habitante de vidro recicla. E por iso, desde Carballo Limpo queren darlle as grazas a todas as persoas e empresas que fan posibles estes datos. I é que se ben é importante os medios que proporciona o Concello, son todos os veciños e veciñas os que fan posibles estes datos.
Uns datos quer xa indicaban o ano pasado que cando Galiza medraba a un 4,6% na súa porcentaxe de reciclaxe de vidro, Carballo facíao a un 7,5 %. Este ano os carballeses e carballesas reciclan máis de 500 Toneladas de vidro, que son arredor de 17 Kg/habitante, moi por enriba dos 14 da media galega, pero tamén por enriba dos concellos similares ao noso en habitantes.
Ampliación do proxecto Horeca coa Hostelería
Ademais da concienciación da cidadanía e dos hostaleiros, temos que destacar tamén o compromiso do Concello e de Ecovidro neste proxect., Mentras no resto de Galiza hai unha media de un colector de vidro por cada 200 habitantes, en Carballo hai un colector por cada 115 habitantes, cuestión que se vai a incrementar coa ampliación do servizo de recollida de vidro á hostelería.
Nestes días, en colaboración con Ecovidro, están realizando entrevista a 51 novos locais de hostalería que pasarán a formar parte do proxecto de dotar de cubos individuais que despois poderán usar nos colectores específicos habilitados para eles, colectores que contan cun sistema especial para que poidan transportar o vidro no seu cubo individual e por un sistema de anclaxes depositar o vidro nos colectores de vidro HORECA, os cales están habilitados para este servizo á hostalería.
Esta segunda fase incrementará en 18 colectores máis os xa existentes con este servizo para hostalería. Ademais os colectores que sexan sustituídos, serán usados para ampliar no rural a recollida de vidro convencional.
Novas relacionadas
- Máis composteiros caseiros para un Carballo Limpo.
- Ecoembes dá un Notable á reciclaxe carballesa.
- Carballo facilita a reciclaxe de vidro aos hostaleiros.
- 68 establecimentos de Carballo únense á campaña Ecovidro.
- Aspaber seguirá limpando as rúas de Carballo.
- Por un Carballo Limpo.