Carballo probou a innovadora trampa de Ernesto Astis para a avespa velutina


Interesantísima a charla que ofreceu o popular apicultor navarro Ernesto Astiz en Carballo, invitado polos apicultores locais, para poñer a proba a súa innovadora trampa para vespa velutina. Fíxoo este pasado domingo tras participar durante a fin de semana en Moaña nunha serie de actividades organizadas pola Asociación de Apicultores de Galicia en O Morrazo.
O prototipo de trampa, que supera xa as 140.000 reproducións na súa canle de YouTube, onde o explica con detalle, consiste nunha estrutura metálica con redes que chega a capturar 300 vespas invasoras nun só día. Debido á choiva, a montaxe do prototipo realizouse no taller do apicultor Alberto Pose, pero a idea é probar o seu funcionamento en Entrecruces, unha das parroquias máis afectadas pola praga, “antes de que empece o ataque máis forte”, explicou Alberto Pose.
Ernesto Astiz é hoxe un nome de referencia na loita contra a vespa asiática na península. Empezou a estudala de maneira autodidacta a finais do 2011, cando empezaron a aparecer os primeiros exemplares, e hoxe case é a súa segunda profesión.
Non perdades un segundo:
Novas relacionadas
- Xaneiro 2017: Un Modesto repaso aos costumes avespa velutina.
- Xullo 2016: Cee contra as avespas e abellas.
- Outubro 2015: Avespa velutina: Aprendendo a convivir co inimigo.
- Agosto 2015: Outro verán de avespa asiática na Costa da Morte.
- Galicia Confidencial: Alertan sobre os riscos da avespa autóctona galega por mor da asiática.
- Agosto 14: A avespa asiática chega a Costa da Morte.