Carta aos eólicos: “O expolio está servido”

Casas da parroquia de Cores, Ponteceso baixo os muíños de vento do parque eólico de Malpica

A invasión de viraventos de todos os nosos montes é unha realidade. Así o comprobamos na nova ondada de Parques Eólicos proxectados, tales como o da Salgueiras.

Precisamente o da Salgueiras é un dos que lle quita o sono a Carlos Penedo Casmartiño. O ex edil do BNG de Ponteceso, está involucrado na loita contra os xigantes de vento, e quere enviar esta carta.

Carta de Carlos Penedo

Durante séculos a paisaxe do Rural da Galiza foi sempre a mesma. Vals e montes, determinada pola súa propia vexetación e ubicación sendo de interior ou costeiro. Aldeas e paisaxe dunha beleza impresionante. Historia, memoria, legado e identidade. Rasgos que determinan un territorio de riqueza inesgotable e beleza impresionante. Aquí vivimos as galegas e galegos.

Nestes tempos estamos vendo que hai intereses que quer cambiar todo isto. Cambiar nosa paisaxe, cambiar nosas aldeas,nosa historia e nosa identidade. Basta con viaxar polo noso territorio e observar que é o que esta acontecendo.

Estou falando dos parques eólios que estan instalando por toda Galiza. É tan grande a desproporción do número de parques eólicos que chama poderosamente a atención. É tan grande a desplanificación que nun espazo de menos de dous quilómetros, podemos atopar dous parques eólicos de diferentes empresas. O expolio está servido. O negocio con enormes beneficios, rentúa, unicamente nas empresas eólicas, en ninguen máis.

A coñecida transición enerxética é compartida por min, pero non acepto como estan levando o cambio ás enerxias renovables. Aprovéitanse do Rural, os parques eólicos son abusivos. Un parque eólico é abusivo cando:
1º.- Poñen en perigo a nosa saúde;
2º.- Empobrécennos.
3º.- Provocan o despoboamento.
4º.- Destrúen o noso patrimonio histórico e natural.

Con este panorama pasamos dun pais cun potecial en riqueza paisaxistica e natural impresionante, para un territorio otra vez esquilmado e empobrecido. Depende de nós, despertemos e tomemos conciencia do noso, se nón noso territorio desaparece en pouco tempo.

  • Carlos Penedo Casmartiño.

Novas relacionadas dos Parques Eólicos de Corme

Novas relacionadas cos Parques Eólicos