Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os veciños propietarios de Corme aseguran o dereito a percibir o 4% da produción do novo parque eólico

Imaxe do parque eólico vello de Corme
Os veciños propietarios de Corme aseguran o dereito a percibir o 4% da produción do novo parque eólico

Despois de anos de conflitos, en plena época electoral, achegouse o Xefe Territorial da Coruña, Isidoro Martínez Arca, ata a Asociación de Veciños Eduardo Pondal de Corme para manter unha reunión. Unha visita que serviu para transmitirlle á Xunta “todas as nosas denuncias, así como a problemática que temos nestas zonas illadas de Galicia e explicarlle o problema real da implantación de parques eólicos sen un control medioambiental rigoroso, como pasou co de Corme G-3, que ao final o acabaron sufrindo os veciños”, explica o presidente Antonio Saleta.

Martínez Arca recoñeceu que “se vai publicar a declaración de utilidade pública do parque eólico Corme”, pero asegurou que “non se poderán expropiar aos propietarios que teñen contrato en vigor coa empresa promotor. É dicir, que teñen dereito a cobrar o que no mesmo teñan acordado e asinado coa empresa, que neste caso é o cobro do 4% da produción”.

A veciñanza trasladoulle tamén o estado das “múltiples denuncias administrativas presentadas polos veciños contra a empresa EDP por ocupacións ilegal de leiras, posibles falsedades documentales e un maior número de afectados e superficies recolleitas na RBDA, así como o estado de diversas denuncias presentadas nos xulgados contra EDP e o alcalde de Ponteceso”.

Precisamente os veciñ@s pregúntanse “o raro interese que ten o Alcalde de Ponteceso en que os propietarios cun contrato vigente asinen coa empresa EDP novos contratos en condicións peores que as actuais”, e lamentan que “a actitude das administracións implicadas e a empresa promotora do parque puideron levalos ao engano”

Novas relacionadas dos Parques Eólicos de Corme

Comentarios