Castellanos aos Afectados das Preferentes: "Agora manda a Troika"


Xa dimos conta da xuntanza do pasado luns en Camariñas coa Plataforma de Afectados polas Preferentes e Subordinadas na Costa da Morte. Unha reunión que tivo unha conclusión moi importante, como é a apertura dun canle de consulta e información a través das Oficinas de Consumo da bisbarra.
Pero foron moitas cousas máis as que saíron a tema, a través das intervencións de Ana Cedeira, da Coordinadora da Coruña; Suso Santos, coordinador da plataforma do Morrazo; ademais de Margot Lamela, avogada de Cee. Se ben completaremos a información o vindeiro luns diferenciando ben as posibles vías a tomar (arbitraxe ou demanda xudicial) hoxe recollemos as impresións destes 3 especialistas.
Iso si, todos quixeron resaltar a mensaxe de que todos debemos ampliar os canais de información a tódolos afectados. E animou a todo o mundo a informar e a escoitar a posibles novos afectados e facer de enlace coas coordinadoras ou oficinas de consumo.
Unha entrevista con Castellanos
Ana Cedeira no seu turno de exposición relatou a entrevista que tivo con José María Castellanos, presidente de NCG. Unha conversa que deu para moito e comezaba cunha frase tremenda: "Agora nós non mandamos nada, nin nós nin o goberno. Agora manda a Troika a través dos homes de negro, que están negociando con Bruxelas á espera da mellor resolución".
Castellanos aseguraba que " estaría disposto a pagar todo se lle deixasen" que "van salvar as subordinadas de agora e intentasen salvar as do 2013", pero "non sabe como vai chegar a quita nin exactamente cando".
No tema de arbitraxe o director de NCG cre que "é un bo sistema e que entraremos no polo menos unhas 25.000 persoas, que non ten datas de limite pero que cara a finais de anos debera acabarse. Bruxelas non puxo condicións, deu o visto e prace e obrigo a que unha auditora independente seleccionara aos afectados".
Segundo apuntaba Cedeira, Castellanos dixo que "acababan de facer unha proposta a Bruxelas para que os que non cobremos pola arbitraxe podamos entrar nun novo sistema que eles prepararon, é moi innovador pero non quixo explicalo porque non lle contestaron e non quere que se saiba ata ter noticias dos homes de negro. Só adiantou que pode ser un troco para que permanezamos no banco".
Contou que "o 85% dos que cobran por arbitraxe deixan o seu diñeiro no banco, propónselles un depósito". E sobre os rumores de se a entidade será liquidada, di que "iso son só rumores que eles teñen un bo proxecto e pensan continualo".
Por último, fixo mención os contactos que se teñen a ter coas institucións da UE, e que "solictará entrevistas con elas a través dos eurodiputados galegos, para de efectuar unha denuncia perante as institucións comunitarias por mala comercialización de produtos de alto risco o tramo minorista.
Loita exemplar dende o Morrazo
Pola súa banda Suso Santos, coordinador da plataforma do Morrazo, fíxonos unha exposición da traxectoria da plataforma. Comentou que "a forza e a unión da xente e o mellor activo que temos, e que entre todos debemos buscar a solución para os afectados e reclamala por todos los conductos os que poidamos ter acceso".
Dende a Costa da Morte os organizadores da xuntanza queren agrader a súa disposición ao trasladarse dende Cangas 3 membros da coordinadora, sobre de todo polas distancias e as horas da reunión.
En canto a xuntaza das plataformas e asociación de afectados por participación preferentes co Fiscal Xeral de Galiza, Carlos Varela e o Fiscal Jose Ramón Piñor fixo un resumo da mesma:
“A demanda xudicial presentouse pola fiscalía o día 4 de xullo e foi prantexada a un proceso por intereses difusos, non individualizados ata o momento da sentencia, onde cada caso se ceñirá a mesma (...) Aínda que a demanda sexa colectiva a sentencia levaría a unha execución individual.
Apuntou que "o auto do xulgado, por temor á globalidade da demanda de 43.000 afectados, é moi restrictivo", pero a situación continúa no aire, e o luns contaremos máis cousas.
O escenario legal
Por último, Margot Lamela, avogada de Cee, explicou o escenario dende un punto de vista legalista, tanto o panorama das quitas, como os escenarios críticas de venta. Comenta que interpuxo demanda polo civil o 27 de xullo no xulgado de Corcubión e o seu estado de audiencia previa, polo que a previsión é que a finais de novembro sepamos a sentenza do primeiro caso.
Tamén comentou a interposición de demandas polo penal, ao que opina que serán arquivadas e ademais pensa que este procedemento non é o axeitado xa que interrumpe a vía civil, e que ralentiza a recuperación dos depósitos.
Compromeutese a darlle un soporte legal as posibles consultas que se poidan canalizar a través dos coordinadores de zona.
Novas relacionadas
- 16-10-12: Os afectados polas Preferentes seguen uníndose e xa teñen un canle de consulta.
- 5.000 afectados polas Preferentes na Costa da Morte para unha nova reunión en Camariñas.
- 06-08-12: Máis de 130 afectados polas Preferentes dan a cara.
- 12-07-12: Os afectados polas Preferentes na Costa da Morte xa se moven.
- 05-07-12: En marcha a Plataforma de afectados polas Preferentes da Costa da Morte.
- Por que na Costa da Morte non se protesta polas Preferentes?.
Máis novas
Fonte
- Nota de prensa da Plataforma de Afectados de Preferentes e Subordinadas da Costa da Morte, da man de Manuel González.