Sábado. 07.09.2024
El tiempo

A CMAT busca candidaturas para acoller o IV Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte

A CMAT busca candidaturas para acoller o IV Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte

O vindeiro 12 de novembro celebrarase o IV Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte, organizado pola CMAT. Un encontro ao que acode unha boa parte do sector turístico da comarca.

A escasos meses do evento, a CMAT abre o prazo de presentación de candidaturas para acoller este encontor que se celebrará o día 12 de novembro entre as 17:30 e as 20:00 horas. As empresas do sector turístico da Costa da Morte que teñan interese en acoller este evento poden presentar a súa candidatura ata o 17 de setembro.

Este importante evento está enmarcado dentro das actividades incluídas no convenio de colaboración que a CMAT e Turismo de Galicia asinarán neste mes de setembro. O encontro tamén conta co apoio da Deputación da Coruña. Como novidades na edición deste 2024 do Encontro Anual de Turismo, a organización poñerá todo o seu esforzo para levar adiante unha exposición de artesanía. Ademais, durante o evento tamén se expoñerán as fotografías finalistas do I Concurso Fotográfico Costa da Morte Naturalmente Salvaxe, que continúa aberto á participación do público ata o 30 de
outubro ás 23:59 horas.

Requisitos

O IV Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte aspira a ser un espazo para poñer en común os éxitos acadados neste ano, intercambiar novas ideas e propostas e facer crecer o xeodestino cunha visión sostible a nivel económico e social.
As candidaturas interesadas terán que cumplir unha serie de requisitos, entre os que se atopan estar localizado na Costa da Morte, ter un aforo mínimo de 150 persoas, experiencia neste tipo de eventos así como dispoñibilidade de data e horario. 

O resto de requisitos e as características específicas do evento pódense consultar na web da CMAT.

Comentarios