venres. 07.02.2025
El tiempo

CMAT e Deputación ofreceron unha visión comarcal a todo FITUR

Costa da Morte CMAT unida en FITUR
A Costa da Morte unida en FITUR arredor da CMAT
CMAT e Deputación ofreceron unha visión comarcal a todo FITUR

Entre a mensaxe dispersa que levamos á FITUR, houbo dúas entidades que polo enos intentaron ofrecer unha imaxe unificada do noso potente destino Costa da Morte. CMAT e Deputación levaron dúas presentacións nas que focalizaron a potencialidade comarcal.

CMAT: «Naturalmente Salvaxe» 365 días ao ano

A CMAT presentou, xunto a representantes da Deputación da Coruña e de Turismo de Galicia, o vídeo promocional «Costa da Morte, Naturalmente Salvaxe» e a campaña da Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM) «Temporada de Mar».
A presentación «Costa da Morte, Naturalmente Salvaxe».

A presentación xirou en torno a dous importantes eixos: tanto a importancia da colaboración pública e privada que se da na CMAT, froito do traballo conxunto dos 17 concellos e dos empresarios a traves de APTCM; como o valor turístico que a Costa da Morte ten nas diferentes épocas do ano.

O presidente da entidade comarcal Lolo Muíño destacou "a inmensa conxunción de sabores, olores, mar, terra e ceo estrelado; unha máxica espiritualidade que envolve a todo o mundo que visita este xeodestino Naturalmente Salvaxe. "Ver 17 concellos que se unen
para formar un destino turístico tan potente como a Costa da Morte é moi satisfactorio", apuntou Xosé Manuel Merelles, director de Turismo de Galicia.

Lolo Muino presidente da CMAT en FITUR
Lolo Muíño presidente da CMAT en FITUR

Pola súa parte, Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación da Coruña, destacou que "a Costa da Morte é moito máis que paisaxes, gastronomía e as súas xentes. O fantástico da Costa da Morte é que ten todo iso e ademais un patrimonio intanxible que é de máximo nivel e o seu atractivo é enorme en calquera estación", destacando o valor do outono na comarca.
Tamén fixo referencia ao valor da desestacionalización Pepe Formoso, presidente de APTCM, destacando a «Temporada de Mar»

A Deputación e a Asociación de Concellos do Camiño

O Camino Fisterra-Muxia en Tourespana
O Camino Fisterra-Muxia en Tourespana

A Deputación e a Asociación de Concellos do Camiño Fisterra – Muxía levaron a campaña "Fisterra-Muxía, o camiño que remata no mar" ao stand de Tourespaña e no pavillón de Galicia. 

Regueira destacou a “singularidade” deste camiño, “que conta con dúas catedrais, a de Santiago e as pedras do santuario de Muxía, e por suposto o faro da fin do mundo, en Fisterra”.

Esta presentación continuou hoxe, trasladándose ao espazo de Turespaña, onde o deputado Antonio Leira se referiu a este tramo como “único e maxestoso, polo que imos atopar nel, principalmente as súas xentes que vos farán sentir na casa”. Leira tamén puxo en valor o compromiso de todos os alcaldes e alcaldesas dos concellos implicados, “hai un sentir que é o respeto, o coidado, o mimo e a divulgación da esencia do camiño, e aí temos o mellor legado”. O deputado tamén falou do proxecto da Deputación, ‘Arte no Camiño’, que “nos permite recuperar espazos e historias que hai no Camiño”.

Xose Regueira en FItur
Xose Regueira en FItur

Máis novas de FITUR

 

Comentarios