venres. 07.02.2025
El tiempo

Empeza FITUR co Camiño como protagonista costeiro

Solpor en Fitur
Empeza FITUR co Camiño como protagonista costeiro

Arrincou FITUR, a feira turística máis importante do estado, e unha cita ineludible para ducias de representantes políticos da comarca. Este ano, para non variar, o nome da Costa da Morte quedará asolagado entre a dispera oferta dispersa que levan os nosos Concellos.

Unha xornada a do mércores na que esstiveron activas as expedicións de Vimianzo, Muxía e a da Deputación, pero que sobre todo tivo ao Camiño como protagonista.

PIcallo levou SOlpor a Fitur
Jesús Picallo

Foi Jesús Picallo, presidente da Asoc. Solpor, o que trasladou a nova campaña para crear a “Porta da Comprensión”. “Somos o único Camiño con tres Portas Santas”, en relación á de Santiago, a da Xunqueira e de Fisterra, e dando ademais conta da importancia da recuperación da cidade romana de Brandomil.

Picallo propuxo a construción dunha porta ou arco, que construído sobre a propia vía, sería un elemento tremendamente simbólico e máxico para sinalizar a chegada dos máis de 50.000 peregrinos que chegan cada ano á comarca de Fisterra.

Picallo tamén puxo sobre a mesa a nova senda Volta de Gloria, presentada hai unhas semanas, que creará un sendeiro peonil entre Cee e Muros conectando o Camiño Fisterra-Muxía co Camiño da Ría de Muros.  
A sesión tamen permitiu ollar o novo vídeo de Solpor sobre o Camiño Fisterra-Muxía.

Gastronomía de Vimianzo

Expedicion de Vimianzo en Fitur

A expedición vimiancesa, integrada pola alcaldesa, Mónica Rodríguez; os concelleiros e concelleiras Víctor Muíño, Beatriz Pazos e María José Pose; e os técnicos de Cultura e Deportes Nieves Lema e Víctor Santos respectivamente, estiveron a primeira mañá no stand de Paradores na demostración gastronómica do chef de Vimianzo Adrián García.

O Concello vimiancés leva estes días dúas propostas compartidas: xunto co Concello de Dumbría a nova marca MiraQVistas cos miradoiros Furna do Sapo e do Ézaro como protagonistas; e xunto co Concello de Laxe, e apoiados polo Semescom, os Penedos de Traba e Pasarela.

Os percebes de Muxía

Costa da Morte en Fitur

O alcalde de Muxía, Javier Sar, e a tenente de alcalde, Sandra Vilela, tamén están presentes no IFEMA para presentar a que será a primeira edición da Semana de Exaltación do Percebe de Muxía, unha iniciativa que busca poñer en valor un dos produtos máis emblemáticos da Costa da Morte. Baixo o lema "Percibe Muxía", este evento aspira a converterse nun referente na promoción do percebe e na dinamización turística e económica da localidade.

A provincia gastronómica

XOse Regueira en Fitur coa Deputacion

Cómpre destacar tamén a presenza da hostalería costeira na campaña “A paisaxe que sabe” que presentou Xosé Regueira da man da Deputación da Coruña:

Máis novas

Comentarios