Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Coas 3 novas licenzas, a Costa da Morte contará con 11 Casas do Maior para atender 55 persoas

Casa do Maior de Erbecedo
Imaxes da Casa do Maior de Erbecedo
Coas 3 novas licenzas, a Costa da Morte contará con 11 Casas do Maior para atender 55 persoas

O ano pasado nacía a “Casa do Maior da Costa da Morte”, un proxecto de economía social e cooperativismo para asentar poboación e crear unha serie de servizos para a xente maior da comarca tremendamente necesario. Foron 8 os centros que nacían en 6 concellos da comarca gracias a este proxecto qu iniciou Colaxe coa primeira casa do maior en Laxe promovida por Natali Asorey.

O seu bo funcionamento no primeiro ano, fai que a rede de cooperativas dirixidas por mulleres costeiras aumente.

Así o ratifica a resolución por parte da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta, que outorna 3 novas concesións para a Cooperativa costeira, o que permitirá que para o ano 2023 poidan dar atención, a coste cero, a 55 usuarios nas 11 casas creadas.

As novas casas, que abrirán as súas portas en novembro, estarán situadas en Mazaricos (Suevos), Camariñas e Coristanco (Agualada).

No caso camariñán o Concello de Camariñas xa aprobou a súa creación no Centro de Iniciativas, situado na rúa Río do Prado, e será a segunda Casa do Maior trala aberta na escola antiga de Xaviña.
Mazaricos conta xa cunha na Picota, ao carón da Escoliña Galiza Azul.
E Coristanco acollerá a terceira, tralas dúas abertas o ano pasado en Erbecedo.

Novas relacionadas

Comentarios