Venres. 29.03.2024
El tiempo

Colectivos, Concellos e Centros de Ensino da comarca únense á Limpeza Simultánea de Praias

Imaxe do alumnado fisterrán limpando a praia de Talón na Limpeza Simultánea do ano pasado
Colectivos, Concellos e Centros de Ensino da comarca únense á Limpeza Simultánea de Praias

A vindeira fin de semana as praias de todo o país volverán recibir a visita dos amig@s voluntari@s de ADEGA. Volve unha nova, a 8ª, Limpeza Simultánea de Praias, coa que a entidade promove o coidado dos nosos areais e a concienciación das nosas sociedades. As citas serán o vindeiro venres 18 de outubro para centros de ensino e o sábado 19 para concellos e entidades.

Se ao longo da costa galega xa hai inscritos 7 centros de ensino, 8 entidades ecoloxistas e deportivas e 8 concellos, varios son da comarca. Non fallarán os brav@s da Asociación Senda Nova,que contan coa colaboración do Concello de Carballo. Ademais, en Carnota está anotado o propio Concello, así como en Fisterra onde o Concello fará a limpeza na Praia de Talón, e onde tamén participarán centros de ensino limpando o día 18. Ademais, completan, por agora, o elenco de coidadores do mar, o alumnado do IES Maximino Romero de Lema de Baio, que irán ata a praia de Traba para darlle un bo repaso.

Estas sesións, ademais de reflectir a falta dunha xestión adecuada dos residuos e dun modelo de consumo máis sostible, a problemática do lixo mariño pon en grave perigo a supervivencia dos seres vivos que habitan os océanos. A nivel mundial, cada ano 10 millóns de toneladas de lixo acaban no mar.

ADEGA fará entrega a cada persoa participante do Protocolo de limpeza de praias, no que se explica de xeito sinxelo cales son os pasos a seguir antes, durante e despois da execución dunha limpeza ecolóxica na que non se xeren impactos innecesarios.

Inscrición

O ano pasado foron máis de 500 persoas as que retiraron das praias máis de 4.000 quilos de residuos, sendo a Costa da Morte unha das comarcas máis implicadas. Aínda podedes unirvos, ata o mércores 16 de outubro, poñéndovos en contacto en [email protected] e o teléfono 981570099.

Novas relacionadas

Limpezas voluntarias de 2019

Comentarios