Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os colectivos feministas aprenderon as accións da Asociación Calala

Faladoiro feminista Costa da Morte
Representantes costeiras nos Faladoiros Feministas en rede
Os colectivos feministas aprenderon as accións da Asociación Calala

O pasado venres 12 de xuño, despois do DirectosQPC realizado arredor do mercado laboral feminino, as asociación feministas da Costa da Morte-Bergantiños celebraron un novo Faladoiro Feminista. Unha cita na que ademais tiveron un encontro especial coa Asociación Calala Fondo de Mujeres.
Unha entidade que leva xa 10 anos traballando dun xeito diferente con colectivos de mulleres, desenvolvendo a súa acción tanto en Centroamérica, coas mulleres defensoras dos dereitos humanos e a protección a LGTBI coma dos dereitos sexuais e reprodutivos, coma no Estado Español coas mulleres migrantes.

As representantes da Organización Buserana, o Círculo Feminista de Carballo, a Asociación Sonlilá e as Curandeiras de Vimianzo escoitaron as accións da entidade baseadas en tres obxectivos:

  • ”Fortalecer as capacidades das mulleres a través de préstamos a proxectos apoiando colectivos de base e facendo un seguemento os cinco primeiros anos de percorrido para acompañar este proceso”.
  • ”Traballar en Rede con diferentes mulleres que podan axudarse entre sí sexa a través de convocatorias ou de mapeos de colectivos de mulleres migrantes”.
  • ”Conseguir doazóns tanto públicas coma privadas pero tamén individuais”. Unhas doazóns que lles permiten maior flexibilidade, coma neste confinamento, onde tiveron unha capacidade rápida de reacción, puidendo darlle cartos ás mulleres necesitadas para pagar alugueres, facturas e mercar alimentos…

Coincidiro en que as mulleress máis vulnerables foron as traballadoras do fogar e coidados, que dun día para outro se viron na rúa e sen traballo. Nesta situación as propias migrantes organizaron Caixas de Resistencia para apoiarse unhas a outras e conseguiron repartir máis de 10000 €.

”As aprendizaxes en Calala pasan por escoitar e aprender das mulleres migrantes e latinoamericanas tendo que deconstruirse como feministas saíndo da hexemonía branca e colonial que historicamente temos respecto a estas mulleres asi como confirmar que canto máis preto, mellor se invirten os cartos”, explican as representantes costeiras despois do encontro.

”Para nós, as diversas asociación feministas, foi un pracer compartir este tempo con Calala e aprender. Decatámonos de que seguimos sendo unhas privilexiadas nesta situación e poderiamos revisar os nosos comportamentos. Así mesmo queremos seguir tecendo Redes con outras mulleres en sororidade poñendo sempre o Coidado no centro!!”, valoran.

Faladoiros feministas

DirectosQPC en clave feminista

Comentarios