Venres. 30.10.2020
El tiempo

Varios colectivos limparán 5 praias da Costa da Morte

Imaxe dunha limpeza nun areal muradán.-Foto-Xose Sendón
Imaxe dunha limpeza nun areal muradán.-Foto-Xose Sendón
Varios colectivos limparán 5 praias da Costa da Morte

Esta fin de semana, centos de persoas sairán cas botas postas para participar na novena edición da Limpeza de Praias. A Costa da Morte, coa sempre, non é alleam e serán varios as entidades costeiras que participen nesta sesión de concienciación e de recollida de lixo plástico do entorno mariño.

A Coordinadora, ADEGA, lembra que o lixo mariño é un dos graves problemas ambientais aos que se enfronta o planeta, as principais causas son: a insostibilidade dos modelos de consumo e produción da nosa sociedade, a mala xestión dos nosos residuos e a falta de sensibilización da poboación. Todo iso fai que cada ano 10 millóns de toneladas de lixo rematen nos océanos. Moito deste lixo provén da industria do mar (pesca, extraccións...), pero unha grande parte chega a través dos ríos, debido a unha mala xestión en xeral.

En Caión

A comunidade escolar do CEIP de Caión participará este venres. O Concello da Laracha tamén colaborará dun xeito activo, facilitando medios e materiais precisos para que a limpeza poida facerse segura e eficazmente.

Mágoa que non se poida repetir a acción do ano pasado, cando entre pais, nais, e a unión de varios centros de ensino provocaron unha acción que mobnilizou 400 persoas.

En Camariñas

Mar de fábula e o colectivo PX Costa da Morte coordinan para este sábado día 17 unha limpeza de plásticos no río do Porto. O punto de encontro será a Praza do Outeiro, na Ponche do Porto, ás 11 da mañá. O aforo é limitado e hai que levar mascarilla de protección fronte ao coronavirus, así como botas de goma e luvas de traballo. As inscripciones poden facerse no correo [email protected]é ou no teléfono 608 609 042.

Outros Concellos e entidades

Se na Serra de Outes é o Concello o que promociona a limpeza, en Carballo ADEGA Carballo irá á praia de Baldaio.

Ata a praia de Louro achegarase o colectivo de ADEGA Compostela.

En Malpica, os grupos de One Surf Malpica e Silfo Surf Camp mobilizarán a limpeza da praia de Beo.

NOVAS RELACIONADAS

comentarios