Varios colectivos limparán 5 praias da Costa da Morte

Esta fin de semana, centos de persoas sairán cas botas postas para participar na novena edición da Limpeza de Praias. A Costa da Morte, coa sempre, non é alleam e serán varios as entidades costeiras que participen nesta sesión de concienciación e de recollida de lixo plástico do entorno mariño.
A Coordinadora, ADEGA, lembra que o lixo mariño é un dos graves problemas ambientais aos que se enfronta o planeta, as principais causas son: a insostibilidade dos modelos de consumo e produción da nosa sociedade, a mala xestión dos nosos residuos e a falta de sensibilización da poboación. Todo iso fai que cada ano 10 millóns de toneladas de lixo rematen nos océanos. Moito deste lixo provén da industria do mar (pesca, extraccións...), pero unha grande parte chega a través dos ríos, debido a unha mala xestión en xeral.
En Caión
A comunidade escolar do CEIP de Caión participará este venres. O Concello da Laracha tamén colaborará dun xeito activo, facilitando medios e materiais precisos para que a limpeza poida facerse segura e eficazmente.
Mágoa que non se poida repetir a acción do ano pasado, cando entre pais, nais, e a unión de varios centros de ensino provocaron unha acción que mobnilizou 400 persoas.
En Camariñas
Mar de fábula e o colectivo PX Costa da Morte coordinan para este sábado día 17 unha limpeza de plásticos no río do Porto. O punto de encontro será a Praza do Outeiro, na Ponche do Porto, ás 11 da mañá. O aforo é limitado e hai que levar mascarilla de protección fronte ao coronavirus, así como botas de goma e luvas de traballo. As inscripciones poden facerse no correo info@mardefabula.é ou no teléfono 608 609 042.
Outros Concellos e entidades
Se na Serra de Outes é o Concello o que promociona a limpeza, en Carballo ADEGA Carballo irá á praia de Baldaio.
Ata a praia de Louro achegarase o colectivo de ADEGA Compostela.
En Malpica, os grupos de One Surf Malpica e Silfo Surf Camp mobilizarán a limpeza da praia de Beo.
NOVAS RELACIONADAS
- Outubro 2020; A veciñanza de Camelle mantén limpo o legado do Man.
- Senda Nova, Mar de Fábula e PX únense á ADEGA para limpar os nosos ríos.
- Agosto 2020: Comarea e Mar de Fábula uniron forzas e poesía para darlle brillo ao Coído de Cuño.
- Limpeza Simultánea 2019: Os escolares de Muros únense a salvar o planeta.
- Limpeza Simultánea 2019: Limpando un mar de pequenos plásticos.
- Limpeza Simultánea 2018: Moito máis que unha limpeza. Unha xornada de concienciación directa na VII Limpeza Simultánea de Praias.
- Limpeza Simultánea 2015: A Costa da Morte foi a zona con máis conciencia na Limpeza Simultánea de Praias.