CASO FERROATLÁNTICA
O Comité de Ferroatlántica comeza a unirse ante o perigo do ERE
”A xente está preocupada e hai que informala, porque está enteirándose pola prensa do que está a pasar”. Así explica a CIG a convocatoria da asemblea de traballadores deste venres 15 de febreiro. Unha convocatoria que debeu ter sido convocada polo Comité en pleno, pero só unha serie de problemas persoais de varios dos representantes impediu que así fóra. En todo caso, despois de moitos meses de absoluta confrontación de intereses entre as seccións sindicais, parece que o grave perigo de que o ERE afecte a máis do 50% do persoal das fábricas costeiras, está provocando unha reunificación de intereses.
Así quedou patente o pasado xoves, despois da reunión do Comité ao completo. Por primeira vez houbo un acordo, e os 13 membros do Comité fixéronlle un escrito, firmado por unanimidade (como tamén fixera a CIG, e o xoves tamén a CGT pola súa parte) ao Ministerio de Traballo para que invalide a mesa negociadora actual que se está celebrando en Madrid, e obrigue a que a mesa negociadora se faga no centro de traballo, conforme a lei, e que poida ten que ter representación dos traballadores e non por representación sindical.
O caso é que estes días nas reunións da mesa de negociación entre sindicatos e empresa só están os representantes da CIG, e non o resto do Comité, deixando as fábricas galegas en clara desvantaxe negociadora.
Imaxe da Asemblea de Traballadores de Ferroatlantica deste venres-Foto-Rafa Quintáns
Recoñecemento sindical… unhas veces si e outras non
A situación dase, como nos explica Juan Villar Trillo, representante da CGT, porque a empresa non recoñece a súa sección porque non levaban esas siglas cando foron as eleccións sindicais. É certo que Villar estaba na UGT e outros tres compañeiros que estaban en CCOO, mobilizáronse para a CGT nesta “lexislatura” sindical, pero “a empresa di que non estamos lexitimados para esta negociación, porén si estabamos lexitimados para asinar aquel famoso “Acordo Marco”, sinala Villar, lamentando a doble vara de medir da empresa. “A dirección sabe que a CGT está legalmente constituída e que nos debería admitir… isto é un xogo de trileros”.
Unión
En todo caso, Villar fai un chamamento á unión e recoñece que “durante a reunión do xoves achegamos posturas e esperamos continuar con este sistema. Ademais, esperamos que prosperen os escritos e quenos permitan negociar no noso centro de traballo, e que saiamos ben parado, para que estas fábricas sigan adiante”.
Villar, a pesar de non asistir á reunión do venres, recoñece que “a convocatoria está ben feita, e é certo que debería ter sido convocada polo Comité ao completo, pero foi imposible por causas persoais. Para a seguinte esperamos atopar unha data que nos ven a todos”, sinalou.
Unha asemblea aberta
Porque a do venres foi unha asemblea á que asistiron afiliados da CIG pero tamén outros moitos traballadores preocupados necesitados de saber de primeira man que é o que acontece nas mesas de negociación. Os tres representantes dos traballadores na mesa de negociación en Madrid, Xabier Santos, Alfonso Mouzo e Pedro Pérez Traba (na foto de Rafa Quintáns), explicaron todo o proceso dende que o pasado 4 de febreiro a empresa anunciaba este ERTE valorado como “Ilegal” polas centrais sindicais.
Explicaron os trámites realizados ata agora; debullaron a reunión do pasado día 11, cando coñeceron que o ERTE podería a máis do 50% do persoal das fábricas costeiras; e avanzaron cal seguirá sendo a firme postura de deslixitimar a mesa negociadora nas vindeiras reunións do 18 e 19 deste mes.
”Esperamos, en todo caso, que o Ministerio responda aos escritos das centrais e do Comité canto antes, de feito debería ter respondido xa, pero sobre todo que sexa antes de que remate o prazo de consultas”, apunta Alfonso Mouzo. De todas maneiras, dende a CIG sinalan que “a empresa pode ter un argumento na manga contra o escrito do Comité e da CGT, unha vez que adxuntou na acta da mesa de negociación do día 11, un escrito realizado polo comité, sen validez xurídica, no que se recoñece que 7 dos membros son independientes”.
Futuro incerto, per unido
Nas vindeiras semanas iremos descubrindo como se van desenvolvemendo os acontecementos, pero polo menos vemos que os representantes dos traballadores parece que enfocan a problemática dun xeito máis unido que nos últimos tempos.
Novas do co conflito #Ferroatlántica
- Febreiro 2019: O ERTE de Ferroatlántica poderá afectar a máis do 50% dos traballadores costeiros.
- Febreiro 2019: Os traballadores de Ferroatlántica enfróntanse ao ERTE co Comité absolutamente quebrado.
- 06-02-19: Os grupos parlamentarios lembran a blindaxe dos postos de Ferroatlántica á concesión hidroeléctrica.
- 05-02-19: “O ERE de Ferroatlántica non se axusta á legalidade”:
- 28-01-19: Ferroatlántica divide ao pleno de Cee.
- Xaneiro 19: En Marea esixe a Xunta que faga cumprir a concesión a Ferroatlántica.
- Xaneiro 19: A CIG mobilízase pola readmisión do traballador despedido por un comentario nas rrss.
- Xaneiro 19: O Concello de Cee compromete o seu apoio cos traballadores de Ferroatlántica:
- Xaneiro 19:O berro dos traballadores de Ferroatlántica tamén se escoitou na Coruña.
- Xaneiro 19: “O PSOE fai unha boa declaración de intencións a 6 meses vista pero en 15 días algún pode estar xa na rúa”.
- Xaneiro 19: O BNG leva a pleno o peche dos fornos de Ferroatlántica.
- Xaneiro 19: En Marea critica o peche dos fornos dunha eternamente subvencionada Ferroatlántica.
- Xaneiro 19: “Fornos apagados, todos parados”.
- Xaneiro 19: A parálise de dous fornos e a retirada de materias primas, avisos previos do ERE de Ferroatlántica.
- Decembro 18: A CIG salta ante o posible ERE temporal nas fábricas de Ferroatlántica.
- Decembro 18: Ferroatlántica despide un traballador que foi delegado sindical da CIG por un comentario nunha rede social.
- Outubro 18: A CIG reclama a anulación da votación na que se aprobou o Acordo Marco en Ferroatlántica.
- Xuño 18: O Comité de Ferroatlántica non saiu con boas sensacións da reunión coa Dirección.
- Maio 18: O Comité queima o Acordo Marco de Ferroatlántica.
- Decembro 17: Os traballadores de Ferroatlántica volven concentrarse contra o chamado “Acordo Marco”.
- Decembro 17: Augas de Galicia confirma que as centrais e a fábrica de Brens son inseparables.
- Novembro 17: “A gran mentira” do Plan Industrial de Ferroatlántica:
- 16-05-17: Preocupación no Comité de Ferroatlántica trala falta de compromiso do Conselleiro de Industria.
- 16-02-17: O Parlamento galego esixe por unanimidade que non se autorice a venda de Ferroatlántica
- 03-11-16: A Xunta descarta un ERE en Ferroatlántica
- 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas